Resumen actuaciones 2014

XANEIRO

  • Campaña Nadal 2013.
  • Sorteo de 3.000 € repartidos en 30 premios de 100 €, realizado nas nosas oficinas.
  • Entrega de premios do VII CONCURSO DE ESCAPARATES Nadal 2013, organizado
    conxuntamente co Concello de Santa Comba.

    • 1º Premio – Foto Teca
    • 2º Premio – Pisotones
    • 3º Premio – Citania Interiorismo

FEBREIRO

  • Reunión da Xunta Directiva na que se aprobou:
    • A realización da V FEIRA DA PRIMAVERA os dias 21, 22 e 23 de marzo.
    • A contratación dun seguro de Responsabilidade Civil para o noso local.
    • A celebración da Asamblea Xeral para o 11 de Abril.
  • Reunión na sede da Asociación de Empresarios da Comarca de Soneira con outras asociacións empresariais: AXOBER, ATACARMA, Empresarios de Mazaricos, Dumbría, Val do Dubra e Comarca Costa da Morte.
    Tratáronse temas como a falta de financiación das entidades bancarias, subida de
    impostos e taxas (locais e estatais), incremento no custe dos servizos,…

MARZO

  • Celebración da V FEIRA DA PRIMAVERA
  • Reunión da Mesa Local de Comercio
  • Celebración da IV RUTA DE TAPAS (con 14 locais participantes) e II RUTA DO
    CÓCTEL ( com 8 locais participantes).
  • 2ª Reunión de asociacións empresariais na sede da Asociación Comarca
    de Soneira
    na que se fixaron propostas e actuacións a problemática descrita.

ABRIL

  • Reunión da Xunta Directiva
  • Celebración da Asamblea Xeral na que se fai entrega dos Premios da:
    • IV RUTA DE TAPAS
      • 1º Premio Bar Pardiñeiro
      • 2º Premio Cafetería Trastámara
      • 3º Premio A Taberna do Meu Compadre
    • II RUTA DO CÓCTEL
      • 1º Premio Pecados e Maná
      • 2º Premio A Taberna do Meu Compadre
      • 3º Premio Pub Giulietta
  • Tamén se fai entrega dos Diplomas do Curso de Carretilleiro.
  • 3ª Reunión de Asociacións Empresariais, membros de Neria e entidades
    asociadas á FECOM
    , convocada pola nosa asociación e celebrada no Centro de
    Cultura (como continuidade das duas celebradas anteriormente).

MAIO

  • Reunión da Xunta Directiva, onde se acorda:
    • Destinar 1.500 € para a CAMPAÑA DE VERÁN DE Promoción do Comercio,
      que se repartirán en 3 premios de 500 €.
    • Celebrar a IV FEIRA MULTISECTORIAL os dias 5, 6 e 7 de setembro.
      Proponse ao Concello que asuma a organización da mesma coa nosa
      colaboración.
    • Apróbase a sinatura dun Convenio de Colaboración entre a nosa asociación e
      o Concello de Santa Comba: subvención nominativa para o 2014 de 5.000 €
    • Convenio con Kva Kva para a colocación da Pantalla Informativa nas súas
      instalacións.
    • Solicítase subvención a Consellería de Traballo.
    • Concesión dunha subvención da Deputación por importe de 1.500 para a
      publicidade da EXPOXALLAS VERÁN-OUTLET

XUÑO

  • Asistencia a unha Xornada Informativa na Casa da Cultura de Vimianzo,
    organizada pola FECOM, en torno a “Prestación por cese de actividade para os
    traballadores autônomos”
    .
  • No mes de xullo celébrase a mesma xornada informativa na Vivenda Comunitaria en Santa Comba, coa asistencia de:
    • Rafael Granados (Presidente de Ata Galicia)
    • Alvaro Viqueira (Técnico Ata Galicia)
    • Pedro Sánchez (Mutua Universal)

AGOSTO

  • Reunión co Alcalde de Santa Comba para plantexarlle o noso malestar por mor de
    que a IV FEIRA MULTISECTORIAL teña que pasar a ser unha Feira de Oportunidades, dado que dende a Dirección Xeral de Comercio advírtesenos de que nunha Feira Multisectorial non pode haber vendas directas.

SETEMBRO

  • Celebración EXPOXALLAS VERÁN-OUTLET
  • Curso de “Manexo Seguro de Carretas Elevadoras” (16 alumnos participantes).
    Organizado pola CEC.
  • Reunión da Xunta Directiva, na que se acorda:
    • Facer unha única Feira ó ano, tras o resultado da Expoxallas Verán –
      Outlet.
    • Destinar 3.000 € para a campana de Nadal 2014. As bases teñen que
      ir depositadas ante notario.
    • Acórdase convocar unha reunión co sector do comercio.
  • O Concello de Santa Comba concede unha subvención nominativa de 5.000 €.
  • Asínase un convenio con Fórmula Hit, ABANCA, Auto Xallas, Infozone, Fórmula
    Fun Xallas-Bergantiños, Ler Librerías.
  • Renóvanse convenios de colaboración con: Pablo Clima, Segur 10 Vixiancia,
  • Innovación e Desarrollo Ambiental, CIMESA, Breogán Formación.
  • Acordo de colaboración con COGAMI para a realización de prácticas dun Aux.
    Administrativo na nosa entidade.
  • Adquisición da Loteria de Nadal por importe de 8.000€ e confección de
    participacións de 5€ sen recargo. Lotería vendida: 7.000 €.

OUTUBRO

  • Colocación dun Panel Informativo no polígono.
  • Runión da Xunta Directiva, na que se aproba a renovación da mesma.
    • José Novo López pasa a ser Vicepresidente
    • Teresa Castro Rodríguez pasa a ser Tesoureira
  • Acórdase solicitar unha subvención á Deputación da Coruña para a realización
    dunha nova páxina web.
  • Celebración da Asamblea Xeral Ordinaria:
    • Elección de novo Presidente
    • Cúbrense as baixas do Vicepresidente – D. Manuel Arufe Rieiro – e a do
      vocal D. Javier García Barbeira, coa incorporación de D. Manuel E. Pose Blanco e D.
      Juan Vázquez Arosa.
    • Apróbase a modificación de 2 artigos dos estatutos.
  • Presentación do portal COMPRANACOSTA.COM na sede da FECOM en BAIO.

NOVEMBRO

  • Presentación nas nosas oficinas do PLAN ACTIVAMOS asinado entre ABANCA e a
    Deputación de A Coruña.

DECEMBRO

  • Reunión na Casa da Cultura de Vimianzo .Presentación da plataforma BUSINESS
    NEAR (Ferramenta de Negocios na exterior) promovida pola FECOM.
  • Sorteo nas nosas oficinas de 30 CESTAS DE NADAL.
  • VIII Concurso de Escaparates Nadal 2014, en colaboración co Concello.

Add a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *