Bases-Campaña de Navidad 2018

BASES DE LA CAMPAÑA DE NAVIDAD 2018

 

La Asociación de Empresarios de Santa Comba con C.I.F.: G15551104 sita en la Calle Pontevedra, 9 –entresuelo, de Santa Comba, organiza la Campaña de Navidad 2018 con la finalidad de incentivar las compras durante esta Navidad.

  1. O ámbito de participación será soamente as empresas pertencentes á Asociación de Empresarios de Santa Comba.
  2. Non poderán participar os titulares dos establecementos adheridos á Asociación de Empresarios de Santa Comba cos boletos que lle foron entregados, pero sí con boletos doutros establecementos.
  3. Cada empresa asociada que desexe participar terá consigo os talonarios de boletos facilitados pola Asociaicón de Empresarios que as repartirá a cada cliente. As empresas repartirán os boletos durante a Campaña de Nadal 2018 coa firme intención de promocionar e incentivar a compra.
  4. O prezo do talonario de 100 boletos ten un custe para cada empresa socia participante de 2,50 € a unidade.
  5. Repartiranse conxuntamente carteis identificativos da Campaña a cada empresa participante, que serán colocados nun lugar visible dende o exterior para que os clientes recoñezan qué establecementos participannesta Campaña; así mesmo haberá publicidade da mesma nas empresas asociadas (Adiante Galicia e Nova Hit) ademáis de publicacións nas redes sociais da Asociación.
  6. Hai boletos numerados dende o 00001 ata o 47.200 en total, a repartir entre as diferentes empresas asociadas participantes.
  7. Sortearase un gran escaparate valorado en máis de 2.000 euros, que se repartirá en dous lotes, polo tanto extraerase dous números.
  8. O sorteo celebrarase o 7 de xaneiro de 2019, ás 12:00 horas na sede da Asociación de Empresarios. O sorteo realizarase mediante extracción de números dun bombo; será público e sen asistencia de notario.
  9. O número gañador farase público na páxina web da Asociación: www.empresariosdesantacomba.com e nas redes sociais da Asociación.
  10. O prazo para recoller o premio do Gran Escaparate de Nadal remata o xoves17 de xaneiro de 2019. Se en dito prazo non aparece un gañador, volverase a facer un novo sorteo o luns seguinte, e así sucesivamente ata que apareza.
  11. A persoa que resulte gañadora do único premio deberá recollelo nas oficinas da asociación.
  12. Se o gañador resultase ser menor de idade terá que vir a recoller o premio acompañado do seu titor.
  13. A Asociación fará fotografías da entrega do premio á persoa que resultase gañadora co fin de publicitar a entrega do premio na nosas redes.
  14. O establecemento participante supón a aceptación destas bases.
  15. O gañador ou gañadores que non acepten estas bases supón á renuncia do premio.
  16. Bases publicadas na web da Asociación de Empresarios de Santa Comba.

 

Santa Comba, 2 de novembro de 2018

Asdo. TERESA CASTRO RODRIGUEZ

Presidenta

Añadir un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *