Resumen de actuaciones 2018

RESUMO DE ACTUACIÓNS 2018

XANEIRO

  • Entrega de premios do XI CONCURSO DE ESCAPARATES NO NADAL organizado conxuntamente co Concello de Santa Comba. Participaron un total de 15 locais e resultaron gañadores :

1º Premio: LER LIBRERÍAS

2º Premio: A LANDRA TENDA DEGUSTACIÓN

3º Premio: FOTO TECA

  • Sorteo do GRAN ESCAPARATE DE NADAL valorado en 000 €uros. Dentro da Campaña de Nadal e baixo o lema “No Nadal elixe o comercio local” , un total de 53 establecementos asociados aportaron os seus produtos e servizos de maneira voluntaria configurando un escaparate valorado en 3.000 €uros. O número premiado foi repartido pola empresa FRANCISCO FERROL, S.L. e o gañador foi un veciño de Baio.
  • Reunión da Xunta Directiva na que se acorda organizar unha Cea Benéfica en beneficio daAsociación Española Contra o Cancro e contar coa asistencia de Angel Carracedo Alvarez. O obxectivo é recaudar fondos para esta Asociación adicada a previr, sensibilizar e acompañar ás familias e fiananciar proxectos de investigación oncolóxica que permitan un mellor diagnóstico e tratamento do cancro.

FEBREIRO

  • Organización dun curso de Manipulador de Alimentos + Xestión de Alérxenos e intolerancias alimentarias, de 5 horas de duración e impartido por Quelcum.
  • Charla de TROPA VERDE Santa Comba na nosa sede co obxectivo de explicar cómo funciona a súa plataforma multimedia co obxectivo de fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía.

MARZO

  • Sesión informativa para o sector da Construcción impartida pola Fundación Laboral en colaboración con HBC Hábitats e que tivo lugar no Multiusos.
  • Cea Bénefica a favor da Asociación Española Contra o Cancro que tivo lugar no Restaurante Tio Paco das Travesas. Contamos coa asistencia de D. Angel Carracedo Alvarez e a súa dona, a coordinadora das Xuntas Locais da AECC da Coruña, a voluntaria da Xunta Local de Santa Comba, Blanca Ruzo e Dona María Pose en representación do Concello. Asistiron 144 persoas e acadouse unha recaudación de 2.000 €uros para a AECC.
  • FEIRA DA PRIMAVERA. Organizada pola Asociación Costavales en colaboración coa nosa entidade, celebrouse os días 23, 24 e 25 de marzo, no Recinto Feiral. Participaron arredor de 70 empresas de diferentes sectores.

ABRIL

  • Reunión da Xunta Directiva
  • Celebración da VIII RUTA DE TAPAS que tivo lugar do 20 ao 29 de abril. Servíronse arredor de 3.500 tapas durante as dúas fins de semana. Entre os tapeadores que completaran a Ruta sorteamos unha cea para 2 persoas nun dos locais participantes a escoller polo gañador e un lote de produtos Gourmet.

LOCAIS PARTICIPANTES: A Landra Tenda Degustación, Café Bar A Nosa Vila, Cafetería Rafael, Cafetería Talladas, Restaurante O Novo Salgueiro, Hotel Xallas, Cervecería D´Mara, A Calenda e Restaurante Tio Paco.

  • Reunión da Xunta Directiva na que se acorda solicitar unha subvención á Deputación Provincial dentro do programa de subvencións dirixido a entidades para actividades de promoción económica durante o ano 2018.

MAIO

  • Celebración da ASAMBLEA XERAL que tivo lugar o 3 de maio no Hotel Xallas; ao remate da mesma entregáronse os premios da VIII Ruta de Tapas.

TAPAS MÁIS VOTADAS NA VIII RUTA DE TAPAS

1º Premio: CAFETERÍA RAFAEL

2º Premio: A CALENDA

3º Premio: RESTAURANTE O NOVO SALGUEIRO

  • Reunión da Xunta Directiva na que se acorda facer unha Ruta do Comercio e da Hosteleríadentro da Campaña de Verán, durante os meses de xullo e agosto .
  • Reunión coa alcaldesa María Pose co fin de propoñer a creación dun Centro de Día, tal e como se acordou na Asamblea. A proposta queda rexistrada no Concello o mesmo día da reunión.
  • Reunión co historiador Manuel Vilar Alvarez, na que se acorda poñer en valor rutas históricas como a Vía Romana XX, vías comerciais que conectaban feiras importantes do interior coa costa e as rutas dos arreiros.

XUÑO

  • Curso de PLATAFORMA ELEVADORA de 8 horas de duración, xestionado por Grupo Athenea Consultoría Integral en colaboración coa nosa entidade.

XULLO

  • CAMPAÑA DE VERÁN RUTA CH do Comercio e da Hostelería que tivo lugar durante os meses de xullo e agosto. Coa finalidade de dinamizar o comercio e a hostelería locais lévase a cabo esta actividade na que participaron 46 establecementos. Para incentivar as compras sorteáronse vales de compra por importe de 700 €uros. Ao remate da campaña organizamos actividades para nenos na Praza fronte o Centro de Cultura e contamos co Tren Turístico cedido polo Concello de Cabana percorrendo as rúas da vila.

AGOSTO

– Renovación do convenio de colaboración con ABANCA co obxectivo de que os empresarios asociados gocen de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financieira e de incentivar o investimento e a constitución de empresas.

SETEMBRO

  • Reunión da Xunta Directiva na que se acorda:
  1. Organizar a IX RUTA DE TAPAS para o mes de novembro, dada a boa acollida que tivo a edición anterior.
  2. Organizar a I FEIRA DE OUTONO tamén para o mes de novembro a fin de dinamizar o comercio local.
  3. Acórdase configurar a Campaña de Nadal sorteando un GRAN ESCAPARATE de produtos e servizos cedidos polos socios.
  • Reunión no Concello coa alcaldesa María Pose a fin de tratar o tema do aparcamento da Calle Lugo e lembrarlle que non lle foi concedida ningunha subvención nominativa á nosa entidade no exercicio 2018.
  • Reunión coa empresa de producción audiovisual XURDIR que nos trae a proposta de participar nun proxecto destinado á promoción do noso Concello. O vídeo documentalreflexará a traxectoria e o traballo que están a desenvolver neste momento as principais empresas do Concello de Santa Comba, destacando tamén á xente emprendedora. Unha vez rematado o vídeo levarase a cabo unha proxección pública no Salón de Actos do Edificio Multiusos que contará cunha mesa redonda e a degustación de produtos gastronómicos da zona.

NOVEMBRO

  • I FEIRA DE OUTONO: organizada pola Asociación Costavales en colaboración coa nosa entidade. Tivo lugar os días 9, 10 e 11 de novembro no Recinto Feiral e participaron un total de 50 empresas.
  • IX RUTA DE TAPAS: que se celebrou do 16 ó 25 de novembro e na que participaron: A Landra Tenda Degustación, Restaurante Tio Paco, Cervecería D´Mara, Cafeteria Rafael, Hotel Xallas, Cafetería Talladas, Café Bar A Nosa Vila e A Calenda.

Servíronse unhas 3.000 tapas durante as dúas fins de semana e sortearonse dúas ceas para 2 persoas entre os tapeadores que completaron a ruta.

TAPAS MAIS VOTADAS NA IX RUTA DE TAPAS:

1º Premio: CAFETERIA TALLADAS

2º Premio: CAFETERÍA RAFAEL

3º Premio: CERVECERÍA D´MARA

  • BLACK FRIDAY celebrado o 22, 23 e 24 de novembro. Participaron un total de 24 establecementos, con descontos, agasallos, sorteos,..

DECEMBRO

  • Reunión da Xunta Directiva na que se acorda organizar unha Cea Benéfica a favor daFundación que preside D. Angel Carracedo ademáis dunha charla sobre o autismo, que terá lugar o mesmo día.
  • Concesión provisional dunha Subvención da Deputación Provincial da Coruña por importe de 6.000 €uros, para actividades de promoción económica.
  • CAMPAÑA DE NADAL 2018 co lema “No Nadal elixe o comercio local”. Sorteo dun GRANDE ESCAPARATE valorado en 2.400 €uros, repartido en dous lotes, con produtos cedidos por 38 empresas asociadas. O números premiados foron:

* 33.719 – Repartido por FERROCAR

* 17.510 – Repartido por PELUQUERÍA JOSEFA

  • XII CONCURSO DE ESCAPARATES NO NADAL 2018: organizado polo Concello de Santa Comba en colaboración coa nosa entidade. Establecementos premiados:

1º Premio – LER LIBRERÍAS

2º Premio– PISOTONES

3º Premio – FOTO TECA

  • LOTERÍA DE NADAL: a Asociación de Empresarios vendeu 9.000,00 €uros de Lotería de Nadal en participacións de 5€uros, sen recargo, xogando a dous números: 76570 – 84705.

Añadir un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *