Navidad 2019
|NO NADAL ELIXE O COMERCIO LOCAL
Merca nos establecementos asociados, pide a túa rifa e poderás gañar un vale de compra valorado en 250 €.
Sorteo o 7 de xaneiro de 2020 ás 12 da mañán nas instalacións da Asociación de Empresarios de Santa Comba.
BASES DA CAMPAÑA DE NADAL 2019
A Asociación de Empresarios de Santa Comba con C.I.F.: G15551104 sita na Rúa Pontevedra, 9 –entrechán, de Santa Comba, organiza a Campaña de Nadal 2019 coa finalidade de incentivar as compras durante este Nadal.
- O ámbito de participación será soamente as empresas pertencentes á Asociación de Empresarios de Santa Comba.
- Non poderán participar os titulares dos establecementos adheridos á Asociación de Empresarios de Santa Comba cos boletos que lle foron entregados, pero sí con boletos doutros establecementos.
- Cada empresa asociada que desexe participar terá consigo os talonarios de boletos facilitados pola Asociaicón de Empresarios que as repartirá a cada cliente. As empresas repartirán os boletos durante a Campaña de Nadal 2019 coa firme intención de promocionar e incentivar a compra.
- O prezo do talonario de 100 boletos ten un custe para cada empresa socia participante de 2,50 € a unidade.
- Repartiranse conxuntamente carteis identificativos da Campaña a cada empresa participante, que serán colocados nun lugar visible dende o exterior para que os clientes recoñezan qué establecementos participannesta Campaña; así mesmo haberá publicidade da mesma nas empresas asociadas (Adiante Galicia e Nova Hit) ademáis de publicacións nas redes sociais da Asociación.
- Hai boletos numerados dende o 00001 ata o 48.100 en total, a repartir entre as diferentes empresas asociadas participantes.
- Sortearanse vales de compra por importe de 2.000 euros, que se repartirán en 8 vales de compra por valor de 250 euros cada un, polo tanto extraeranse 8 premios.
- O sorteo celebrarase o 7 de xaneiro de 2020, ás 12:00 horas na sede da Asociación de Empresarios. O sorteo realizarase mediante extracción de números dun bombo; será público e sen asistencia de notario.
- O número gañador farase público na páxina web da Asociación: www.empresariosdesantacomba.com e nas redes sociais da Asociación.
- O prazo para recoller os premios dos vales de compra remata o luns 20 de xaneiro de 2020.
- A persoa que resulte gañadora de algún premio deberá recollelo nas oficinas da Asociación.
- Se o gañador resultase ser menor de idade terá que vir a recoller o premio acompañado do seu titor.
- O establecemento participante supón a aceptación destas bases.
- O gañador ou gañadores que non acepten estas bases supón á renuncia do premio.
Santa Comba, 1 de decembro de 2019
Asdo. TERESA CASTRO RODRIGUEZ
Presidenta