Bases – Campaña Día del Padre

BASES – CAMPAÑA DO DÍA DO PAI

 

A Asociación de Empresarios de Santa Comba con C.I.F.: G-15.551.104 sita na Rúa Pontevedra, 9, entrechán, organiza a Campaña do día do pai 2021 coa finalidade de incentivar as compras nesta data especial, tanto na hostalería como no resto de empresas asociadas.

1. O ámbito de participación engloba a tódalas empresas pertencentes a nosa Asociación.

2. A Campaña comezará o luns o 15 de marzo, rematando o sábado 20 de marzo de 2021 ás 13:00 h. e só poderán participar persoas maiores de idade. No caso de ser menor de idade precisarase a autorización da nai, pai ou titor.

3. Durante os días sinalados os participantes deberán de enviarnos a súa foto:

  • Mercando o agasaio para o día do pai en calquera dos comercios asociados.
  • Almorzando, xantando ou degustando algún dos produtos que oferta a hostalería asociada. Neste punto relacionado coa hostalería, é preciso que en dita fotografía aparezca o pai.

4. As fotos deberán de enviarse a través de Whatsapp aos seguintes contactos, dende o luns 15 ás 09:30 h. ata o sábado día 20 ás 13:00 horas, e deberá de identificarse o nome do local escollido. CONTACTOS: 633 18 18 17 ou 618 85 64 11

5. Como máximo poderase enviar 2 fotografías por núcleo familiar.

6. Para consultar as empresas asociadas, os participantes deberán de visitar a nosa web: www.empresariosdesantacomba.com, no apartado directorio de empresas

7. As imaxes dos concursantes subiranse á rede social Facebook (Empresarios Santa Comba Aes), e serán numeradas por orde de entrega, indicando o local comercial ou hostaleiro onde se realizou a compra, para a realización do sorteo.

8. En dita rede social non computarán as interacións.

9. Sortearanse os seguintes premios: Unha folla de bacallau de 6 kg, unha cesta variada e unha cesta de bebidas.

10. O sorteo realizaremolo de maneira online o domingo 21 de febreiro ás 16:30 h. a través de Facebook.

11. En dito sorteo extraerase tres números, os cales nos indicarán quenes son os tres afortunados desta campaña.

12. O participante supón a aceptación destas bases.

Santa Comba, 8 de marzo de 2021
Asdo. Alberto Romar Landeira

Presidente

Añadir un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *