MASTERCLASS ELABORACIÓN DE PINCHOS RETIRO DA COSTIÑA

MASTERCLASS ELABORACIÓN DE PINCHOS RETIRO DA COSTIÑA

 Por medio da presente, enviamos información aos nosos asociados do curso de formación que levaremos a cabo os días 5 e 6 de abril, en horario de 18:00 a 21:00 h. no Retiro da Costiña.

Para a celebración de dito curso contaremos co Chef Manuel García, xerente do Restaurante Retiro da Costiña, que conta cunha Estrela Michelín e numerosos premios nacionais e internacionais.

Por medio da seguinte formación, intentaremos que os nosos asociados descubran os segredos da cociña moderna que se promociona dende o Retiro da Costiña.

  • Días, 5 e 6 de abril de 2021 (18:00 a 21:00 h.) O curso inclúe as dúas sesións.
  • 16 prazas.
  • Prezo para socios 50€ e para non socios 150 €.

Para as empresas asociadas a formación abonarase xunto co recibo de pago da mensualidade de abril.

  • No caso de reservar praza e non asistir á formación, sen xustificación ou aviso previo, non se devolverá a cota, salvo que se cubran tódalas prazas.

Preferencia de prazas:

  1. Locais hostaleiros asociados. (unha persoa por local e non caso de quedar prazas vacantes.poderá asistir máis persoas.
  2. Resto de empresas asociadas.
  3. Empresas non asociadas.

Como reservar a túa praza?

As prazas para a Masterclass de elaboración de pinchos, deberán de reservarse exclusivamente no mail correo@empresariosdesantacomba.com , con data límite mércores 31 de marzo.

No correo deberá de indicarse o nome, apelidos e dni do participante, e no caso de ser asociado deberá indicarse o nome da empresa.

É obrigatorio o uso de mascarilla en todo momento.

 

 

Añadir un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *