Bonos Activa Comercio

BONOS ACTIVA COMERCIO

Os comercios xa poden adherirse ao «Bono Activa Comercio» ata o 15 de maio.
Son bonos desconto dos que se beneficiarán 330.000 clientes de Galicia.
«Bono Activa Comercio» posta en marcha pola Xunta de Galicia coa colaboración da Federación Galega de Comercio.
Esta medida conta cun presuposto de 10 millóns de euros e pretende fomentar a reactivación económica nunha época especialmente complicada para o sector.
Este bono funcionará a través dunha aplicación móbil ofrecendo descontos de cinco euros por compras iguais ou superiores a 30, así como de 10 si son iguais ou superiores a 50 cun periodo de validez de tres meses dende e seu lanzamento, previsto para principios de maio aos consumidores.
Os comercios interesados en adherirse ao programa deben rexistrase na web www.bonosactivacomercio.gal
A Campaña bonos Activa comercio estará vixente ata o 31 de decembro de 2021.

Añadir un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *