Santa Comba en colores

“Santa Comba en Cores”

“Santa Comba en Cores” Proxecto para embelecemento de espazos do núcleo de Santa Comba.
O obxectivo do proxecto é dinamizar espazos moi deteriorados a través da realización de murais creativos, simbólicos e con temáticas diversas relacionadas coa realidade socio-cultural xalleira e galega en 5 cinco muros ubicados en diferentes rúas do núcleo a través de profesionais de primeiro nivel nacional, referentes en este tipo de iniciativas como é a empresa creativa Vella Escola.
O vindeiro mércores 5 de maio ás 20:30 levarase a cabo unha xuntanza no Auditorio do Multiusos, na que se convoca a representantes de tódalas asociacións de Santa Comba.
A intención de dita reunión é trasladar o proxecto a tódalas asociacións, idear medios de financiamento ,acadar consensos sobre as temáticas que se plasmarán nos citados murais e marcar un precedente de colaboración entre asociacións co fin de levar a cabo proxectos conxuntos futuros entre os nosos entes.
Para asistir á reunión será obrigatorio anotar os datos dos participantes na entrada do auditorio e uso de máscara obrigatorio.

 

 

Añadir un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *