AVISO: O contido desta páxina está pendente de actualización. Por favor contacta connosco antes de te dirixires a calquera destas entidades.

cecA Confederación de Empresarios de A Coruña está formada polos seguintes departamentos e asesorías que o asociado pode facer uso delas en caso de necesidade:

Prevención de Riscos Laborais, Responsabilidade Social Corporativa, Información Europea, Servizo de Orientación Laboral, Asesoría Xurídico-Laboral, Asesoría Económico-Fiscal, Asesoría da Empresa Familiar, Creación e Promoción de Empresas, Departamento de Comunicación, Servizo de Lexislación e Cursos de Formación.

Así mesmo a CEC ten asinado convenios coas seguintes empresas, tamén de
utilidade para os nosos asociados:

escuela-negocios-nova-galicia-bancoEscuela de Negocios Nova Caixa Galicia

A través deste convenio ponse en marcha o noso Centro de Desenvolvemento Directivo, mediante o cal se proponen descontos en actividades formativas para directivos das empresas asociadas á CEC.

O seu obxectivo é fomentar e potenciar o desenvolvemento e mellora da competitividade das empresas e contribuír a desenvolver a misión da Escola de Negocios como obra social adscrita a unha entidade financeira.

iteITE

Co Instituto Tecnolóxico Empresarial (ITE) asínase un convenio para colaborar no desenvolvemento de actividades formativas, con beneficios para as nosas empresas asociadas á hora de se inscribir nalgunha delas.

ecoEco

Equinoccio é a empresa editorial encargada da edición da revista Eco, destinada a informar sobre a actualidade económica, empresarial e política de Galicia e do Norte de Portugal, cunha tirada de máis de 8.000 exemplares.

Polo seu prestixio, consideramos que é unha publicación de interese para os nosos
asociados, por iso, a través deste convenio gozarán dun prezo especial tanto de
suscripción como de inserción de publicidade na mesma.

te-lo-guardoTe lo guardo

A oferta deste servizo está baseada en proporcionar un desconto nos servizos de almacenaxe e nos servizos de destrución de documentación contratados e utilizados por todos os asociados integrados na CEC.

movistarMovistar

Condicións especiais nos servizos Movistar contratados e utilizados por todos os asociados integrados na CEC.

Tarifas Voz: Tarifas planas voz móbil para empresas. Tarifa plana para chamadas nacionais 0 cen/min SEN establecemento de chamada

Tarifas Datos: Desconto para liñas existentes compatible coa oferta de 6 meses ao 50% en altas novas.

universidade-corunhaUniversidade de A Coruña

Convenio de colaboración para a realización de prácticas non laborais en empresas do alumnado dos últimos cursos e colaboración en investigación varias.

fundacion-universidade-corunhaFundación Universidade de A Coruña

Convenio asinado para a realización de prácticas non laborais en empresas do alumnado dos últimos cursos da carreira ou titulados universitarios.

solredSolred

Descontos en carburantes dentro das estacións de servizo de Repsol, Campsa e Petronor, aceptadoras da tarxeta Solred.

mapfre2Mapfre

Permite o acceso dos asociados á CEC aos productos e servizos de Mapfre Familiar nunhas condicións moi ventaxosas. Os productos ofertados son Seguro colectivo de reembolso de gastos médicos, medisalud e caja salud familiar.

ingaforInGaFor

Descontos dun 10% para as nosas empresas integradas, en accións formativas para empresarios e cadros directivos.

hercules-saludHércules Salud

Ofrece asistencia sanitaria tanto en Europa coma no estranxeiro, poñemos a súa disposición a experiencia e profesionalidade do Hospital San Rafael, un complexo multidisciplinar no que disporá de atención personalizada por parte dos mellores especialistas.