AVISO: O contido desta páxina está pendente de actualización. Por favor contacta connosco antes de te dirixires a calquera destas entidades.

fecomÉ a Federación de Asociacións empresariais de toda a Costa da Morte. Os seus socios, entre eles a nosa entidade participan activamente nas actividades da federación, e tamén neste ambicioso proxecto de presencia na rede. O obxectivo primordial é que a Costa da Morte alcance o lugar que lle corresponde, a todos os niveis, e tamén pretendese que os empresarios de toda a zona se beneficien do seu traballo.

Os convenios que ten asinados a FECOM son:

solredSolred

A través deste convenio, os nosos asociados poderán gozar de condicións vantaxosas de desconto ao repoñer carburantes nas estacións de servizo Repsol, Campsa e Petronor.

Nestas estacións de servicio hai un desconto de 4,2 céntimos de € por litro:

Fisterra, Cee, Berdeogas (Dumbría), Vimianzo (C/ A Torre nº 10), San Cosme de Antes (Mazaricos), Ameixenda (“recta de Brins” Ctra. Santa Comba-Santiago), Ponte do Porto, Laxe, Ponteceso, Buño, Agualada e San Roque (Coristanco), Cabo Vilaño (Laracha), Polígono do Tambre (Vía Edison), Avda. de Joaquín Planelles nº 51 (A Coruña).

No resto das gasolineiras hai un desconto de 3,6 céntimos de € por litro.

cepsaCEPSA

Descontos CEPSA GASOLEO: 4,80 céntimos de euro por litro nas estacións situadas na zona de influencia e cando se superen nestas a distribución de máis de cen litros o desconto pasará a ser de 6 céntimos de euro por litro.

Estacións da Rede Especial, as cales poderán ser ampliadas en función de consumos: Pazos (Ponteceso), Santa Comba, Zas, Nantón (Cabana de Bergantiños), A Silva, Carballo (Mingacho, Carvolta, Recta de Xoane, Cances), Carnota, Pinto do Val, Santiago, A Coruña, San Vicente da Baña, Serra de Outes e Betanzos.

Descontos CEPSA GASOLINA: 1,20 céntimos de euro por litro nas estacións situadas na zona de influencia.


ataA FECOM integrada na Federación Nacional de Asociaciones y Trabajadores Autónomos ATA tamén ten asinados convenios coas seguintes empresas:

gmGeneral Motors

Con General Motors Descontos para as gamas Opel, Saab e Chevrolet. Estos descontos son válidos para vendas directas, no caso de vendas a través de Renting/Leasing.

groupamaGroupama

Seguro de Saúde do que ATA División de Seguros chegou o acordo coa Compañía de Seguros GROUPAMA.

As principais características do acordo contemplan unha prima mensual de 39 Euros por personas, sen distinción de idade dos nosos asociados nen sexo ou profesión, conseguindo desta forma unificar a prima do seguro.

clinicia-bavieraClínica Baviera

En clínica Baviera ofrecemos unha tarifa especial para os asociados de ATA nos tratamentos de Corrección visual por láser.

Tarifa xeral: 1.095 por ollo e 75 € consulta
Socio ATA: 975 € por ollo e 35 € consulta
Resto de consultas e servizos o 20% de desconto.

bansacarBansacar

Descontos especiais en vehículos de ocasión procedentes de renting.

aragARAG

Apoio legal para a xestión de falta de pagamentos e recobros.

movistarMovistar

Acordo con Movistar no cal os nosos asociados terán un desconto directo na factura do teléfono-móbil e no ADSL.