HOMENAXE A D. ELISEO MOURELLE RIAL (18 ABRIL 2009)

D. Eliseo Mourelle Rial naceu en Castriz o 3 de marzo de 1931 no seo dunha familia de labradores, tiña 11 irmáns e él ocupaba o sexto lugar na grande familia.
Nunca foi á escola, e non sabía ler nin escribir, andaba co gando como antaño se facía na vida labrega.

Cando contaba con dez anos, alá polo mes de abril de 1941 decidiu ir traballar como obreiro aventureiro ás minas de Barilongo a buscar wolfram e estaño.

Tiña unha capacidade innata en atopalos, sabía recoñecelos a primeira vista.
Fixo unha sociedade con varios rapaces da súa aldea natal e emprendiu o que sería a súa traxectoria empresarial de por vida.
Recibían 15 pesetas por kilo do mineral atopado que o repartían entre eles a partes iguais, senón atopaban nada polo monte adiante non lle pagaban nada, pero tamén se levaban algún agachado para casa o vendían a 100 pesetas o kilo como estraperlo, a diferencia era notable.
Alí coñeceu ao que sería o seu mestre, outro mineiro, Antonio de Vilagarcía, o cal o admitiu como socio a cambio de que lle ensinara “a sumar, a multiplicar e tal”, esa foi toda a súa escola.

O mineiro de Vilagarcía, como Eliseo o chama, foi o seu socio e o seu mestre ata que no ano 1944, volviuse a xuntar en sociedade con outros dous rapaces de Esternande na busca de wolfram e estaño nas minas.
Daquela as minas pertencían á Compañía Mineira Celta.

No ano 1947 con tan só 16 anos tomou a decisión de asociarse co persoal do grupo mineiro Santa Comba e poñer uns lavadeiros para extraer o wolfram e o estaño lavando terras polo monte, daquela tiña a 20 obreiros ao seu cargo, seguiu así ata que no ano 1952 traballaba vaciando vagonetas día e noite para a compañía mineira chegando a ter 40 obreiros e 4 lavadeiros e cribas, tamén clasificaba áridos.
Todo isto con tan só 21 anos e facendo á vez o servizo militar, deixando nese momento á cargo da empresa o seu irmán durante 18 meses.
Casou no 1955 con Dona Anuncia Brenlla Mourelle e tiveron dous fillos, Angel e Felicidad.

Parou a mina no ano 1960 e Eliseo que só contaba con 7 operarios seguiu lavando áridos e clasificándoos, daquela a compañía mineira pagáballe unha cantidade fixa en metros cúbicos que el vendía ao seu nome, así estivo ata 1970 onde a mina empezou de novo a traballar, pero el seguiu con áridos e a contrato chegando a ter ata 30 obreiros, adquiriu unha machacadora para tratar os residuos da mina.

Unha nova empresa mineira Coparex comprou as licenzas da mina en 1980, pero durou pouco aquela iniciativa xa que a mina volveu a parar no ano 1985, mentras Eliseo seguía traballando con áridos e con obreiros ao seu cargo, e aproveitou o momento en que a mina paraba para fundar a empresa Canteira da Mina S.L. xunto a outro socio D. José Pose López, aproveitando tódolos escombros e residuos da mina no lavadeiro recuperando restos de wolfram e estaño e facendo áridos.

Apreminsa, nova empresa mineira comprou a Coparex no ano 1989 as licenzas pero como non tiña maquinaria para traballar contratou a Canteira da Mina S.L. para que así o fixera.
Apreminsa non pagou nada nin pola utilización da maquinaria nin polos obreiros contratados, así que de novamente a mina pechou.

Con 17 obreiros a empresa Canteira da Mina S.L. en 1991 comprou a Apreminsa tódalas licenzas e concesións ata hoxe en día onde seguen traballando con áridos.
No ano 2003 adquiriron máis terreos de monte para seguir extraendo áridos.

No ano 1997 fundou a empresa familiar Alquileres Braña Rica que actualmente conta con 4 postos de traballos fixos.

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *