CURSO HOMOLOGADO DE MASAXE E TERAPIAS MANUAIS

kva kva, o establecemento comercial adicado á perfumería, parafarmacia, solarium e droguería organiza un curso homologado de Masaxe e Terapias Manuais.

O Curso é dun ano de duración, e o día de celebración serán tódolos sábados en horario de 09:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

O prezo do curso é de 135 €uros ao mes. A data de comezo aínda está sen concretar debido á que haxa un número considerable de alumnos e que no teléfono 981 881 464 se vos informará de todo o relacionado co mesmo.

Dicir que coa realización deste curso homologado, o 100% dos alumnos atopará traballo, ben en centros deportivos coma en academias de masaxe, kiromasaxe ou tamén nos seus propios centros terapeuticos.

Para máis información 981 881 464

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *