Posta en marcha dos Costavales

02 COSTAVALES no strip-376x155A Asociación de Empresarios de Santa Comba vén de poñer en marcha un proxecto moi interesante para dinamizar o comercio local e a economía de toda a nosa comarca, denominado Costavales. Os costavales consisten nun sistema de vales de compra que se poden conseguir por medio dos propios comercios que despois os aceptan nas compras que realicemos neles.

Para informar sobre o proxecto, os comercios e outras entidades que os aceptan (que tamén podes ver indicados noutra cor no mapa de asociados neste mesmo web) e resolver todas as dúbidas sobre como funciona o sistema, contamos cun web adicado en Costavales.com. Tamén podes seguir a súa actualidade na páxina oficial dos costavales en Facebook e ver un vídeo de animación co que explicamos o seu funcionamento.

costavales-cabeceira-FB-1-851x315

Convidámosvos a toda a xente de Santa Comba e da Costa da Morte a coñecelos. Axiña iremos publicando máis información e realizando actos de presentación en sociedade deste importante proxecto con numerosas vantaxes tanto para os comercios como para a súa clientela e o conxunto da poboación da nosa comarca. Para falar destas vantaxes xa celebramos varias xuntanzas os días 16 e 18 de xuño cos nosos asociados.

Os primeiros costavales están xa a circular desde hai algunhas semanas e xa se poden utilizar en 13 comercios de Santa Comba.

Foto dos primeiros costavales en circulación.
Foto dos primeiros costavales en circulación.

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *