Resultados da VI Ruta de Tapas e I Concurso da Tortilla

 

O pasado venres 27 de maio ao finalizar a Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación de Empresarios de Santa Comba tivo lugar a entrega de premios da sexta edición da Ruta de Tapas e do primeiro Concurso da Tortilla.

Participaron un total de 8 locais de hostalería nas dúas modalidades con tapas como “vieiras de festa”, “fricasé de polo”, “burrito de zorza con arzúa Ulloa”, “estofado de xabarín con patacas e pementos do piquillo”, “espaguetti de calabacín con albóndiga e salsa de queixo”, “fabas con ameixas” e “dulce mar”.

Os locais que participaron foron Cerveceria Cafetería D’Mara, Hotel Xallas, Café Bar A Nosa Vila, Cafetería Talladas, Restaurante Cervantes, Restaurante Tío Paco, Cervecería O Boguiña e Cafetería Rafael.

Os gañadores na VI Ruta de Tapas foron Cafetería Rafael acadando o primeiro premio coa tapa  “espaguetti de calabacín con albóndiga e salsa de queixo”, Restaurante Tío Paco co segundo premio na súa tapa  “fabas con ameixas” e en terceiro posto Cafetería Talladas coa tapa  “burrito de zorza con Arzúa Ulloa”.

E o premio á mellor tortilla xalleira foi a realizada por Cafetería Rafael.

mellor tortillagañador

NORABOA A TODOS 🙂

As agraciadas do sorteo realizado por completar os pasaportes foron ARACELI ROMERO DOMINGUEZ que gañou pases para dúas persoas no Talaso Termaria Casa da Auga en A Coruña,por completar a Ruta de Tapas, e IRIA MUIÑO MATA gañadora dunha tablet de 7” e 150 euros en combustible por completar a ruta do Concurso da Tortilla.

 

Colaboran nos premios Electrodomésticos Milar Sampedro, Estación de Servizo A Cabreira, Los Angeles Gas e Cepsa Santa Comba.

burrito de zorza con arzua ulloa Burrito de zorza con Arzúa Ulloa dulce mar Dulce marespaguetti de calabacín con albóndiga e salsa de queixo Espaguetti de calabacín con albóndiga e salsa de queixo fabas con ameixas Fabas con ameixas fricasé de polo Fricasé de polo Vieiras de festa Vieiras de festa xabarín estofado con patacas e pemento do piquillo Xabarín estofado con patacas e pementos do piquillo gañadores Gañadores na VI Ruta de Tapas

 

 

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *