Santa Comba móvese
|Dentro da programación da Campaña de Verán, os días 2 e 3 de Setembro terá lugar a segunda ronda de Santa Comba móvese con actividades e animación coa finalidade de dinamizar e promocionar o comercio e a hostalería local.
PROGRAMA
O Comercio estará aberto de 10 a 22 h., con ofertas, descontos, agasallos, premios, sorteos…
A Hostalería servirá a prezos especiais, menús, racións, tapas, pinchos….
Por mercar e consumir nos establacementos participantes entrarás no sorteo dunha cea para dúas persoas, un Vale de Compra de 50 € e unha cafeteira de cápsulas *
Venres 2 de Setembro (actividades no campo da feira)
De 4 a 8 da tarde Tren Turístico polas rúas do pobo.
De 5 a 7 no Campo da Feira inchables, xogos populares, tiro á portería e animación musical.
De 6 a 10 pasarúas coa Charanga Tíralle do Aire
Sábado 3 de Setembro (actividades no entorno natural da Casa do Pozo)
De 12 a 13 h. e de 4 a 7 da tarde inchables, xogos populares, tiro á portería e animación musical.
De 5 a 8 actuación da Charanga Tíralle do Aire.
De 6 a 8 Exposición e Exhibición de Cetrería.
Ás 6 Exhibición de Capoeira co TFC Santa Comba
Ás 7 Masterclass de Zumba para nenos e adultos.
Haberá churrería e cantina a prezos populares
No caso de choiva faranse tódalas actividades no Recinto Feiral
*Para optar aos premios recolle o teu pasaporte nos establecementos participantes.