Feira da Primavera promovida pola Asociación Costavales

O vindeiro fin de semana, os días 24, 25 e 26, terá lugar en Santa Comba a Feira da Primavera promovida pola Asociación Costavales e coa colaboración do Concello e de ABanca Santa Comba.

Estarán presentes na feira diversos sectores como o de artesanía, hostalería, gastronomía, maquinaria agrícola, automoción, moblería e ocio infantil.

A Feira inaugurase o venres 24 ás 5 da tarde e rematará ás 9 da noite, os horarios do sábado son de 10:30 da mañán ata as 9 da noite e o domingo, último día da Feira abrira as súas portas ás 10:30 da mañán e pechara ás 8:30 da noite.

Contamos con expositores do noso país e de diversos puntos da península coma Cantabria, Cáceres, Valladolid, Madrid, León e Portugal.

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *