VII Ruta de Tapas
|A Asociación de Empresarios está organizando para o vindeiro mes a séptima edición da Ruta de Tapas, que abarcará dende o venres 12 de maio ate o domingo 21 de maio, dous fins de semana cheos de petiscos e tapas moi traballadas e laboriosas, grazas aos chefs de cada local participante.
Os días e horario de degustación de tapas será os venres, sábados e domingos de 12 a 15 horas e de 20 a 23 h.
O prezo da tapa é de 1€ que se servirá conxuntamente cunha consumición.
Por completar o pasaporte sortearanse dous premios aos dous mellores tapeadores xalleiros, que consisten en
- Pases para dúas personas no Balneario de Compostela (Brión) 3 horas no Club Termal e unha masaxe.
- Cea para dúas persona no Restaurante Tío Paco (Santa Comba)
Os locais participantes son
HOTEL XALLAS
CAFÉ BAR A NOSA VILA
CAFETERÍA TALLADAS
CAFETERÍA RAFAEL
RESTAURANTE TÍO PACO
RESTAURANTE O NOVO SALGUEIRO
A LANDRA TENDA DEGUSTACIÓN