Convenio de Colaboración entre a nosa entidade e PSI Terapia e Formación
|A Presidenta da Asociación de Empresarios de Santa Comba, Dona Teresa Castro ven de asinar un Convenio de Colaboración coa empresa local PSI Terapia e Formación.
PSI presta servizos de apoio educativo a nenos con problemas de aprendizaxe, reeducación de trastornos da lectura e escritura, TDAH, problemas de conducta. Adicase tamén á xestión de actividades educativas e de ocio para ANPAS, Concellos, clases extraescolares, campamentos, obradoiros, reforzo escolar e cursos de formación permanente.
PSI comprométese a facer un desconto do 10% nos servizos de “reforzo educativo e atención psicoeducativa en trastornos da aprendizaxe” aos socios da Asociación de Empresarios de Santa Comba.
Este desconto será acumulable a outros que poida haber no seu momento (como o desconto para os socios da ANPA).
PSI Terapia e Formación
Prependicular Rúa Lugo s/n. Portal 3 baixo – SANTA COMBA
Tfno 690 202 793
psiterapiaeformacion@hotmail.com