Renovado o Convenio de Colaboración con Abanca

ABANCA únese aos empresarios de Santa Comba para facilitar o acceso ao crédito

  • O banco asina un convenio de colaboración para facilitar o investimento e a constitución de empresas.
  • Os empresarios asociados gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega.

ABANCA e a Asociación de Empresarios de Santa Comba veñen de asinar un convenio financeiro co obxectivo de impulsar, fundamentalmente a través do crédito, o investimento e a mellora competitiva das empresas adheridas a esta organización empresarial.

A presidenta dos empresarios de Santa Comba, Teresa Castro Rodríguez, e o director de zona de ABANCA en Santiago Xallas /Ulla, José Antonio Seoane Gómez, rubricaron hoxe na sede da asociación un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial do litoral de Galicia.

O convenio facilita que os empresarios e emprendedores da localidade asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Este colectivo contará con produtos especificamente deseñados para facilitar a posta en marcha de proxectos empresariais na zona ou a mellora competitiva dos que xa están establecidos. Á súa disposición ABANCA pon tamén préstamos e hipotecas dirixidos ao investimento, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e con xuros moi competitivos.

De maneira adicional, os empresarios asociados contarán, en condicións especiais, con outros produtos da entidade financeira galega específicos para atender as necesidades do día a día das empresas, como pólizas de crédito, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial. O protocolo tamén inclúe unha oferta vantaxosa na contratación de liñas de comercio exterior e no anticipo de subvencións, así como a posta a disposición do colectivo das liñas de financiamento especial do Plan Activamos, asinado entre ABANCA e a Deputación da Coruña.

Do mesmo xeito, o acordo asinado inclúe condicións melloradas na contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade, así como o acceso a APLAZOS, o servizo de compras de ABANCA.

Os empresarios adheridos á Asociación de Empresarios de Santa Comba poderán acceder tamén ás vantaxes que ofrece o novo Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *