CONVENIO DE COLABORACION CON AGAFAN
|CONVENIO DE COLABORACIÓN
AGAFAN (ASOCIACIÓN GALEGA DE FAMILIAS NUMEROSAS) e
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA
A Asociación de Empresarios de Santa Comba e a Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN) veñen de asinar un acordo de colaboración en virtude do cal as familias numerosa asociadas a AGAFAN terán dereito a descontos directos en tódalas compras que realicen nas empresas adheridas como entidades colaboradoras, procedentes de distintos sectores.
Para que o desconto se faga efectivo será necesario que os socios de AGAFAN se identifiquen como tales presentando nos establecementos adheridos o carné en vigor “Plan+Familia” que emite AGAFAN e que os acredita como membros da Asociación.
Ambas entidades afirman que este tipo de medidas fomenta o comercio local, supoñen un aforro importante para as familias e favorece o asentamento e a natalidade na comarca.
ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS COMO ENTIDADES COLABORADORAS A TRAVES DESTE CONVENIO
- DEPORTES ALVITE
- TANARA SHOP
- CITANIA INTERIORISMO
- VICTOR INFOZONE
- FOTO TECA
- TALLERES CONSTANTINO AMIGO
- PSI TERAPIA E FORMACIÓN
- LOIS
- CLINICA MEDICO DENTAL J. MANUEL POSE RODRIGUEZ
- LA REPRO SANTA COMBA
- OPTICA POSE
- OPTICA XALLAS
- ORTOPEDIA DO XALLAS
- PEKENOS MODA INFANTIL
- PELUQUERÍA JOSEFA
- ALMACENES SEROMAVI
- CENOR SANTA COMBA
ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS ANTES DE ASINAR ESTE CONVENIO
- LER LIBRERÍAS
- PISOTONES
- ARCO IRIS
** As empresas colaboradoras así como os descontos que ofrecen ás familias numerosas pódense consultar no web de AGAFAN: www.agafan.org