10 de Marzo Cea benéfica a favor da Asociación Española contra o cancro

CEA BENÉFICA A FAVOR DA ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTRA O CANCRO (AECC).

Terá lugar o vindeiro 10 de Marzo, no Restaurante Tio Paco das Travesas.
O obxectivo é recaudar fondos para esta Asociación adicada a “previr, sensibilizar e acompañar ás familias e fiananciar proxectos de investigación oncolóxica que permitan un mellor diagnóstico e tratamento do cancro.
Ademáis de representantes da Xunta Provincial da Coruña da AECC, temos a honra de contar coa presenza de D. ANGEL CARRACEDO ALVAREZ, Catedrático de Medicina Legal da USC, investigador e experto internacional en xenética, quén nos dará unha charla previa á cea.
Co ánimo de acadar a maior recaudación posible animámoste a colaborar, ben acudindo a cea ou ben colaborando a través da FILA CERO; calquera donativo é importante.
O Prezo do Menú é de 30 Euros e unha parte vai destinada a recaudar fondos, así como a aportación de socios colaboradores.
Puntos de venda de entradas nas oficinas da Asociación, en Marcapel, Foto Teca, Peluquería Josefa e no propio restaurante.
MENÚ
-Croquetas de cocido e empanada de grelos con chourizo
-Ameixas con salsa
-Espaldilla de tenreira ó forno con patatas e guarnición
-Tarta de licor café
-Viño, auga e refrescos


Prazo para recoller os tickets da cea o luns 5 de marzo. Agardámoste!!!!

 

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *