Gañador VIII Ruta de Tapas – Cafetería Rafael

Ao rematar a Asemblea Xeral do pasado día 3 de maio, fixose entrega dos premios as tres mellores tapas que resultaron gañadoras grazas á puntuación dos tapeadores.
O terceiro premio foi para RESTAURANTE O NOVO SALGUEIRO coa súa tapa “polo con salsa agridulce”

O segundo premio para A CALENDA coa tapa “polbo á feira con gulas e gambas”

E o primeiro premio para CAFETERÍA RAFAEL e a tapa “unha de chipirón”.


Noraboa a todos eles.
E agradecemos á participación dos demáis locais que sen eles e sen os tapeadores este evento sería imposible de facer #grazastapeadores por degustar máis de 3.500 tapas durantes os dous findes da Ruta de Tapas.
Así mesmo o agradecemento especial aos demais locais, A LANDRA, CAFÉ BAR A NOSA VILA, RESTAURANTE TÍO PACO, CAFETERÍA TALLADAS, HOTEL XALLAS e CERVECERÍA D’MARA e por suposto aos patrocinadores deste ano SUMINISTROS DE ORTOPEDIA DO XALLAS, CAFETERÍA RAFAEL, LA CUADRA DEL GANADERO, HBC HÁBITATS, EL JUGUETÓN ANIMACIONES, JOYERÍA ROMAR, FIBER RECAMBIOS E CARBÓNICAS LANDEIRA #grazaspatrocinadores.


Procedeuse ao sorteo dos premios que consistían nunha cea para dúas personas nun dos locais participantes e a escoller polo gañador e a afortunada deste premio foi SONIA CASANOVA CIVES e o premio dun lote de produtos gourmet delicatessen foi para MARTIN BLANCO GARCIA.


Noraboa a todos 😉

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *