Premios IX Ruta de Tapas

PREMIOS IX RUTA DE TAPAS

Segundo a puntuación dos tapeadores nos pasaportes que rularon por santacomba durante dúas fins de semana, as tapas máis votadas e polo tanto os locais gañadores son, co terceiro premio CERVECERÍA D’MARA coa súa tapa “a cunca de Mar”, segundo premio CAFETERÍA RAFAEL coa tapa “arroz negro” e o primeiro premio para CAFETERÍA TALLADAS coa tapa gañadora “pluma ibérica con salsa de setas e pataca palla”
Noraboa a todos e A LANDRA TENDA DEGUSTACIÓN, CAFÉ BAR A NOSA VILA, RESTAURANTE TIO PACO, A CALENDA e o HOTEL XALLAS pola súa participación
Precedeuse a facer o sorteo dos premios para os tapeadores que consisten en dúas ceas para dúas persoas e os afortunados son ANA MARIA ANTELO COLLAZO e FERNANDO ALVITE CAAMAÑO. Noraboa

Así mesmo queremos dar as grazas aos patrocinadores desta edición BALEATO OCASIÓN, ÓPTICA POSE, JOYERÍA ROMAR, CAFETERÍA RAFAEL, CARBÓNICAS LANDEIRA E FIBER RECAMBIOS.

  

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *