Sorteamos de novo o Escaparate de Nadal

O pasado 7 de xaneiro fixemos o sorteo de gran escaparate de produtos e servizos doados polos socios, dito escaparate está valorado en máis de 2.000 euros, saíron dous números o 02.179 e o 42.882, o prazo para recoller o premio rematou onte 17 de xaneiro e non se presentou ninguén a reclamar o premio, polo tanto voltamos a sortear o escaparate o vindeiro luns 21 de xaneiro.

E así tódolos luns ata que aparezan os gañadores. Así que non tiredes as vosas rifas.

MOITA SORTE!!!

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *