Tartar, tapa gañadora da X Ruta de Tapas

O pasado 30 de maio ao finalizar a Asemblea Xeral ordinaria procediuse a facer entrega dos premios ás tres mellores tapas que resultaron gañadoras despois do reconto dos pasaportes e máis o sorteo dos premios aos tapeadores que consistían nunha cea para dúas persoas en calquera dos locais participantes a escoller polo gañador, un lote de produtos gourmet e un robot de cociña philips.

As tapas gañadoras foron:

1º  Tartar de CAFETERÍA RAFAEL

2º Bocado de pulpo á galega con queixo san simón de HOTEL XALLAS

3º Polbo con ameixas e arroz de CAFÉ BAR A NOSA VILA

Pulled de porco de CERVECERÍA TRISKEL

Timbal de salpicón de CERVECERÍA D’MARA

Orella ó pimentón de A CALENDA

O noso cocido de RESTAURANTE TÍO PACO

Carrillera de vaca galega estofada de CAFETERÍA TALLADAS

Tosta de ventresca de A LANDRA

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *