Roteiro de plantas silvestres comestibles e medicinais

A nosa entidade xunto a Asociación Costavales organiza un roteiro de plantas silvestres para o domingo 29 de setembro cunha duración estimada de tres horas, ese día ás 11 da mañán a saída é dende o edificio multiusos para facer un roteiro e identificar plantas silvestres e medicinais dirixido por César Lema Costas, doutor en bioloxía, prezo a vontade.

E pola tarde a partir das 4 e ata as 7 da tarde na cociña da vivenda comunitaria realizarase un obradoiro de cociña silvestre impartido por Patricia Puga experta en alimentación e cosmética natural, o prezo do obradoiro para os asistentes é de 25 euros.

Para asistir ao roteiro e obradoiro é necesario inscribirse previamente xa que hai prazas limitadas, pódeno facer a través do correo electrónico no seguinte enderezo, correo@empresariosdesantacomba.com e do teléfono 981818604 en horario de mañán ou por whatsapp ao 633181817.

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *