Resumo de actuacións 2019

RESUMO DE ACTUACIÓNS 2019

XANEIRO

  • Entrega de premios do XII CONCURSO DE ESCAPARATES NO NADAL organizado conxuntamente co Concello de Santa Comba. Participaron un total de 15 locais e resultaron gañadores :

1º Premio: LER LIBRERÍAS

2º Premio: PISOTONES  ZAPATERÍA INFANTIL

3º Premio: FOTO TECA  

  • Sorteo do GRAN ESCAPARATE DE NADAL valorado en 400 €uros. Dentro da Campaña de Nadal e baixo o lema “No Nadal elixe o comercio local” , un total de 38 establecementos asociados aportaron os seus produtos e servizos de maneira voluntaria configurando un escaparate valorado en 2.400 €uros.

Os números premiados foron:

33.719 – Repartido por FERROCAR

17.510  – Repartido por PELUQUERÍA JOSEFA

FEBREIRO

  • Convocatoria da MESA LOCAL DE COMERCIO do Concello de Santa Comba, a fin de emitir o informe previo á celebración da X Feira da Primavera.

MARZO

  • Reunión da XUNTA DIRECTIVA na que se acorda:

– Solicitar unha subvención á Deputación Provincial ó abeiro da Convocatoria do Programa FOENAA 2019.

– Presentar a nosa candidatura a 5ª Categoría  como Mellor Asociación Empresarial á proposta da Deputación Provincial.

– Organizar unha Cea Bénefica a favor da Fundación Galega de Medicina Xenómica dirixida por Don Angel Carracedo Alvarez e unha Charla sobre o Autismo impartida por él mesmo.

–  Acórdase revisar os prezos para os Artesáns con Carta de Artesán que queiran participar nas feiras.

  • Celebración da X FEIRA DA PRIMAVERA. Organizada pola Asociación Costavales en colaboración coa nosa entidade, celebrouse os días 22, 23 e 24 de marzo, no Recinto Feiral. Participaron arredor de 80 empresas de diferentes sectores.

ABRIL

  • Reunión da XUNTA DIRECTIVA , na que se acorda:

– Fixar as datas  do 17 ao 26 de maio para a celebración da X RUTA DE TAPAS.

– Fixar as datas do 23 de maio para a celebración da ASAMBLEA XERAL ORDINARIA, aprobándose a orde do día e as contas do exercicio 2018, así como a previsión para o 2019.

MAIO

  • Celebración da ASAMBLEA XERAL ORDINARIA que tivo lugar o 30 de maio na Cervecería D´Mara; ao remate da mesma entregáronse os premios da X Ruta de Tapas.
  • Celebración da X RUTA DE TAPAS do 17 ao 26 de maio. Participaron 9 locais e servíronse preto de 3.000 tapas durante as dúas fins de semana.

TAPAS MÁIS VOTADAS NA X RUTA DE TAPAS

1º Premio: CAFETERÍA RAFAEL

2º Premio: HOTEL XALLAS

3º Premio: CAFÉ BAR A NOSA VILA

Entre os tapeadores que completaron a Ruta sorteáronse os seguintes premios: unha cea para dúas persoas nun dos locais participantes, un lote de produtos Gourmet e un robot de cociña.

  • Reunión da Xunta Directiva co candidato do PSOE, José Antonio Ucha Velo, á petición deste, a fin de coñecer aquelas necesidades que lle poidamos transmitir dende a nosa entidade, de cara as próximas eleccións municipais.
  • Reunión da Xunta Directiva co candidato de Compromiso, David Barbeira García, á petición deste, a fin de coñecer as nosas necesidades e propostas.

XUÑO

  • CEA BENÉFICA a favor da FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE MEDICINA XENÓMICA dirixida por D. Angel Carracedo Alvarez e CHARLA sobre o AUTISMO impartida por él mesmo. Tivo lugar no Restaurante Leandro e acadouse unha recaudación de 1.500 euros para dita Fundación. Contamos coa asistencia de 200 persoas na Charla sobre o autismo e 135 persoas na Cea Benéfica.
  • REUNIÓN DA XUNTA DIRECTIVA co alcalde David Barbeira, á petición deste; os temas tratados foron:

– Modificación da Ordenanza que regula as feiras, a fin de recoller como feiras periódicas a Feira da Primavera e a Feira de Outono.

– Solicitude de colaboración a fin de recuperar unha ruta histórica que saía de Santiago por Portomouro, pasando por Santa Comba ata Fisterra, co obxectivo de conectar ésta con outras rutas xacobeas e turísticas.

– Reiteramos a solicitude de crear un Centro de Día que sexa accesible para todos.

– Incidimos na necesidade de mellorar as vías de comunicación cara a Santiago e cara a Coristanco.

– Reiteramos a urxencia de melloras no cruce de Santa Catalina en canto sinalización.

– Dentro da CAMPAÑA DE VERÁN acórdase promocionar o comercio e a hostalería locais co reparto de 3.600 bolsas de papel e 10.000 mantéis.

– Acórdase ofertar para o verán un CURSO DE ELABORACIÓN DE PINCHOS E TAPAS e un CURSO DE FACTURACIÓN ELECTRÓNICA.

XULLO

  • Inicio do CURSO DE ELABORACIÓN DE PINCHOS E TAPAS de 12 horas de duración, que ten lugar na cociña da Vivenda Comunitaria, en colaboración co Concello. Participaron un total de 15 alumnos.
  • Reunión da Xunta Directiva co alcalde e a presidenta de AGADEA (Asociación Galega para a axuda aos enfermos tipo Alzheimer) – Isabel Gey – para falarnos da súa xestión do Centro de Día e do Centro Terapéutico e ter un modelo de referencia para iniciar un proxecto deste tipo no noso Concello.

AGOSTO

  • Remate do Curso de Elaboración de Pinchos e Tapas
  • Reparto de 3.600 bolsas de papel reciclado biodegradable en dous tamaños entre os comercios locais, co eslogan “Mercar en Santa Comba que bonito é, xente traballando e negocios en pé “.
  • Reparto de 10.000 manteis individuais en papel reciclabe entre os locais de hostalería. Os manteis levan impreso o mapa do Concello de Santa Comba coa ubicación dos castros, pazos, restos romanos, etc., e o eslogan “Aquí cómese coma na casa… pero sen fregar a louza”.

SETEMBRO

  • Reunión da XUNTA DIRECTIVA na que se acordan as datas da II FEIRA DE OUTONO para os días 8, 9 e 10 de novembro.
  • Inicio do CURSO DE FACTURACIÓN ELECTRÓNICA, CERTIFICADO DIXITAL E TRÁMITES COA ADMINISTRACIÓN de 8 horas de duración, que tivo lugar na Aula Cemit en colaboración con Concello. Participaron 20 empresas asociadas.
  • ROTEIRO DE PLANTAS SILVESTRES, COMESTIBLES E MEDICIÑAIS e OBRADOIRO DE COCIÑA, que se organiza en colaboración coa Asociación Costavales. O roteiro foi impartido por César Lema (Doutor en Bioloxía) e asistiron 50 personas de distintos concellos. En canto o obradoiro de cociña, foi impartido por Patricia Puga, experta en alimentación e cosmética natural, e asistiron 15 persoas.

OUTUBRO

  • Reunión da XUNTA DIRECTIVA na que se acorda:

–  Fixar as datas da XI RUTA DE TAPAS que se celebrará do 15 ao 24 de novembro.

– Organizar a CAMPAÑA DE NADAL sorteando 2.000 € en Vales de Compra que se poderán canxear nos establecementos que participen na Campaña, repartidos en 8 premios de 250 €.

– A nosa entidade xogará a dous números na Loteria de Nadal e faránse participacións de 5 € sen recargo. A lotería deposítase en ABANCA ata a data do sorteo.

NOVEMBRO

  • Reunión da XUNTA DIRECTIVA co alcalde David Barbeira; os temas a tratar:

– Situación actual do Polígono Industrial de Santa Comba: estudo das demandas por parte de posibles empresas inversoras e pasos a seguir para unha posible ampliación do polígono. Queda pendente unha reunión na Xunta.

– A Oficina de Correos de Santa Comba trasládanos a necesidade de solicitar ó Concello a numeración das vivendas no casco urbano e rural e a nomenclatura da algunha rúa do casco urbano que carece dela. Aportan 215 sinaturas que apoian dita solicitude. Acordase presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello.

– Acórdase en colaboración co Concello a modificación das bases que rexen o CONCURSO DE ESCAPARATES NO NADAL. A valoración dos escaparates farase por votación popular por medio dun formulario online habilitado nas plataformas dixitais do Concello de Santa Comba. Desta votación sairán dou spremios e un terceiro premio será elixido polo xurado. Equiparase o valor económico dos premios aos tres mellores escaparates e tódolos finalistas levarán un accesit.

  • II FEIRA DE OUTONO: organizada pola Asociación Costavales en colaboración coa nosa entidade. Tivo lugar os días 8, 9 e 10 de novembro no Recinto Feiral e participaron un total de 80 expositores.
  • XI RUTA DE TAPAS que se celebrou do 15 ó 24 de novembro. Nesta edición participaron 10 locais e servíronse mais de 4.000 tapas durante as dúas fins de semana. Entre os tapeadores que completaron a ruta sorteamos: un robot de cociña, un forno de sobremesa, un lote de embutidos e un set de cociña.

TAPAS MAIS VOTADAS NA XI RUTA DE TAPAS:

1º Premio: CAFETERIA TALLADAS

2º Premio: RESTAURANTE O NOVO SALGUEIRO

3º Premio: CERVECERÍA TRISKEL

  • BLACK FRIDAY celebrado o 28, 29 e 30 de novembro. Participaron un total de 25 establecementos, con descontos, agasallos, sorteos,..
  • Concesión dunha SUBVENCIÓN NOMINATIVA do Concello por importe de 5.000 € en concepto de “ Fomento do Comercio”.

DECEMBRO

  • Concesión dunha Subvención da Deputación Provincial da Coruña por importe de 6.200 €uros, para Actividades, Formación e Campañas de Promoción da Hostalería e do Comercio Local.
  • CAMPAÑA DE NADAL 2019 co lema “No Nadal elixe o comercio local”. Sorteo de 2.000 €uros en VALES DE COMPRA, repartidos en 8 premios de 250 €uros, a canxear nos establecementos participantes na campaña. Participaron máis de 100 empresas locais que repartiron 43.400 rifas entre os seus clientes.
  • XIII CONCURSO DE ESCAPARATES NO NADAL 2019: Organizado polo Concello de Santa Comba en colaboración coa nosa entidade.
    • FINALISTAS POR VOTACIÓN POPULAR: HolaMobi e Foto Teca
    • PREMIO DO XURADO: Pisotones Zapatería Infantil
  • LOTERÍA DE NADAL: a Asociación de Empresarios vendeu 10.000 €uros de Lotería de Nadal en participacións de 5€uros, sen recargo, xogando a dous números: 12701 – 78865.

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *