Curso de Formación

CURSO GRATUÍTO DE TRÁMITES COA ADMINISTRACIÓN, FACTURACIÓN ELECTRÓNICA E AUTENTICACIÓN DIXITAL

Curso de trámites coa administración, facturación electrónica e autenticación dixital que se celebrará os días 13, 15, 20 e 22 de outubro de 20:00 a 22:00 horas na aula CEMIT no Edificio Multiusos do Concello de Santa Comba.

Debido ás restriccións en materia de aforo, só se ofertarán 13 prazas nas cales terán preferencia os asociados.

Para inscribirvos podedes chamar aos teléfonos da Asociación; 633181817 ou 981818604, ou por mail a correo@empresariosdesantacomba.com.

 

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *