CONCURSO – EU APOIO O COMERCIO LOCAL, E TI??

CONCURSO

EU APOIO AO COMERCIO LOCAL, E TI????

Envíanos un video de non máis de 25 segundos ,nunha das moitas paraxes naturais do Concello de Santa Comba, no cal comentes unha boa experiencia ou anécdota que tiveras mercando no comercio local.

A directiva escollerá os 5 máis orixinais, os cales se subirán a esta páxina a partir do 5 de novembro.

Os tres videos con máis interaccións recibirán un Vale de 50 euros para consumir en calqueira das 172 empresas Asociadas que podes ver na seguinte páxina : www.empresariosdesantacomba.com

É moi importante seguir as medidas de seguridade en materia de prevención de contaxios contra o Covid- 19, co cal non te esquezas de usar correctamente a mascarilla, distancia social e non superar un máximo de 5 integrantes como indica a normativa sanitaria actual.

Podes enviarnos o teu video (ata o 4 de novembro) ao correo electrónico correo@empresariosdesantacomba.com ou ao seguinte contacto: 633181817.

Os 3 gañadores dos vales de 50 euros poderán consumilos antes de que remate o ano.

APOIA AO PEQUENO COMERCIO
APOIA A SANTA COMBA

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *