Amor polo comercio local

❤️❤️AMOR POLO COMERCIO LOCAL ❤️❤️

O luns 8 de febreiro comezamos coa campaña dos namorados, na cal participará o comercio asociado, a cal rematará o mércores 17 de febreiro.
Sortearemos 15 VALES DE 30 EUROS cada un, para canxear en calquera das 180 empresas asociadas antes do 31 de marzo (podes consultar a listaxe de empresas nesta web.
O domingo 21 de febreiro ás 16:30 realizarase o sorteo en directo dende as redes sociais da Asociación.
Ao realizar as túas compras nos locais participantes entregaranche unha papeleta que deberás de cubrir para posteriormente introducir nas urnas que haberá en cada un dos locais.
MERCA NO COMERCIO LOCAL❤️❤️❤️❤️

BASES

Iniciativa para o comercio local.

    • Poderán participar tódolos autónomos e empresas asociadas á excepción da hostalería. Ese mesmo venres 5 de febreiro publicarase o cartel definitivo no cal aparecerán cada un dos locais participantes.
    • Os locais que decidan participar deberán de comunicalo antes do venres 5 de febreiro ás 11:30h.
    • A campaña comezará o luns 8 de febreiro e rematará o mércores 17 dese mes.
    • A directiva fará entrega a cada local participante dunhas papeletas as cales se entregarán aos clientes por compra realizada.É indispensable anotas nas papeletas o contacto dos clientes para avisalo no caso de que sexan premiados.
    • Cada local participante deberá dispoñer dunha urna de cartón ou similar na cal se introducirán as papeletas cos nomes e contactos dos clientes.
    • O xoves 18 de febreiro a directiva recollerá tódalas papeletas de cada un dos establecementos participantes.
    • A directiva entregará as papeletas e un carteliño identificativo para colocar nas urnas dos locais participantes entre o xoves 4 e luns 8 de febrero.
    • Sortearanse 15 de vales de compra por importe de 30€ cada un para mercar en calquera das 180 empresas asociadas antes do 31 de marzo de 2021.
    • Cada vale consumirase nun único establecemento e deberá de recollerse nas oficinas da Asociación de Empresarios portando o DNI para identificar a cada un dos 15 premiados.
    • O domingo 21 de febreiro ás 16:30 h. realizarase un sorteo en directo dende as redes sociais da Asociación.
    • A directiva contactará con cada un dos 15 premiados na semana do 22 ao 26 de febrero.
    • Os premiados recollerán os seus vales na oficina da Asociación sita na Rúa Pontevedra nº 9 entrechán de luns a venres de 09:30 a 13:30 h.
    • A participación no concurso supón a aceptación das bases.

Santa Comba, 2 de febreiro de 2021.

 

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *