Un entroido cheo de amor

❤️❤️ UN ENTROIDO CHEO DE AMOR  ❤️❤️
Iniciativa para o sector da hostalería.
Concurso de fotografía a través da rede social facebook onde poderás gañar fantásticos premios.
Vai buscando o teu disfraz, enviándonos unha foto co almorzo, xantar ou cea que mercastes en calquera dos locais participantes.
Apoiemos á hostalería local.

BASES
Iniciativa para o sector da hostalería.

  • Poderán participar tódolos clientes dos locais hostaleiros asociados que oferten o servizo de recollida de almorzo, xantar e cea no local ou servizo a domicilio.
  • Os locais que decidan participar deberán de comunicalo antes do xoves 4 de febreiro ás 12:00h.
  • Tódalas persoas que desexen participar deberán de enviar unha foto co almorzo, xantar ou cea mercada nos locais participantes, dende a súa casa ou dende o seu posto de traballo. (Na foto deberá de aparecer a comida a degustar).
  • Os participantes deberán de estar disfrazados ou con algún atrezzo de entroido.
  • As fotos deberán de enviarse por whatsapp aos siguientes contactos, 633181817 de 09:30 a 13:30 h. e 618856411 de 09:00 a 21:00 h.
  • Xunto coa foto, deberán de enviar unha captura do ticket de compra do local asociado.
  • O Concurso comezará o venres 5 de febreiro ás 09:30 h. rematando o 17 de febreiro ás 12:00 h.
  • As fotos dos participantes colgaranse exclusivamente no perfil de facebookEmpresarios Santa Comba Aesdende o día 5 de febreiro ata o 17 dese mesmo mes.
  • Gañarán os 3 concursantes que máis interaccións obteñan en dita rede social.
  • Premios:O premio está valorado en 145€.O premio está valorado en 80€.O premio está valorado en 50€.
  • 3º PREMIO unha cea para dúas persoas en calquera dos locais hostaleiros asociados.
  • 2º PREMIO unha cea para dúas persoas en calquera dos locais hostaleiros asociados.
  • 1º PREMIO (cedido por Hotel Xallas, Talladas Gastrobar e Quercus), constará dunha noite romántica de hotel con hidromasaxe para dúas persoas con almorzo completo (cafés, zumes, tostas, xamón ibérico…..), e un ramo de flores.
  • Os premios deberán consumirse antes do 31 de agosto do 2021.
  • Os premiados recollerán os seus vales na oficina da Asociación sita na Rúa Pontevedra nº 9 entrechán de luns a venres de 09:30 a 13:30 h.
  • A participación no concurso supón a aceptación das bases.

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *