Convenio de colaboración con Ler Librerías

CONVENIO DE COLABORACIÓN

A Asociación de Empresarios de Santa Comba ven de asinar un convenio de colaboración coa empresa LER LIBRERÍAS, empresa asociada e ubicada na Rúa Rosalía de Castro  nº 32 en Santa Comba.

Ler Librerías realizará un desconto aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba dun 15% en material de oficina e dun 5% en libros e xogos didácticos.

No caso de que o volume de compra en material sexa para grandes cantidades. A empresa aplicará un desconto distinto, previa solicitude e consulta á xerencia.

 

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *