A Asociación de Empresarios de Santa Comba nace en 1996, a raíz dunha inquietude do sector por defender os intereses comúns e dotarse dunha infraestructura que lle permita realizar proxectos que individualmente sería imposible conquerir, pero sofre un parón axeno ás
inquedanzas dos empresarios; é no 2001 cando surxe para renacer de novo con moita máis forza a máns de D. Eugenio Pichel López , seguindolle a estela con D. Antonio Landeira Gallardo, D. Oliver Silvariño Pose e Dª Teresa Castro Rodríguez e actualmente en mans de D. Alberto Romar Landeira elexido Presidente na última Asemble Xeral Ordinaria celebrada o 21 de xullo de 2020.

Na actualidade está formada por 146 empresas que dan traballo a unhas mil cincocentas persoas do concello de Santa Comba e lindantes.

Ao longo destes anos leva realizando innumerables actuacións de formación e colaboración coa administración na información dos empresarios sobre os distintos aspectos que lle interesan ao sector e na promoción da mesma. A Asociación de Empresarios de Santa Comba está asociada á  Federación de Empresarios da Costa da Morte – FECOM- coas que colabora nas súas distintas actividades formativas e informativas e na Asociación Terras de Compostela.

Na actualidade conta cunhas oficinas en alugueiro en Santa Comba na rúa Pontevedra entrechán número 9 de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.

icon-car.pngKML-LogoFullscreen-LogoGeoJSON-LogoGeoRSS-Logo
Asociación de Empresarios de Santa Comba

cargando mapa - por favor, espere...

Asociación de Empresarios de Santa Comba 43.032851, -8.810139 Sede da Asociación de EmpresariosRúa Pontevedra, 915840 Santa CombaA CoruñaEspaña