CONVENIOS DE COLABORACIÓN ASINADOS COA NOSA ASOCIACIÓN

ABERTAL logo

ABERTAL NETWORKS, S.L. ofrece servizos de:

– Creación e/ou configuración de páxinas de Facebook ou noutras redes sociais, captación de seguidores.

– Creación de contidos e deseños de estratexia para a venda online.

– Plataformas de venda online-

– Páxinas web

ABERTAL NETWORKS, S.L. ofrece un desconto do 15 % aos socios da Asociación de Empresarios de Santa Comba, en tódolos seus servizos.

Máis información: 981 757 815

BREOGAN FORMACION 

BREOGÁN FORMACIÓN CONTINUA dará cobertura de formación a tódalas empresas asociadas que o soliciten. Oferta cursos á carta, cursos sectoriais e temáticas varias que respondan ás necesidades formativas de cada alumno, cada sector e cada empresa.

Dará cobertura de asesoramento e adaptación á Lei Orgánica de Protección de Datos a tódalas empresas que o soliciten, e comprométese a aplicar un desconto do 10 % sobre a base impoñible neste servizo.

Máis información: 981 107 040

LOS ANGELES GAS       los-angeles-gasoleo

A empresa E.S. Santa Comba Los Angeles Gas, S.L., ofrece un desconto aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba, de 6,50 céntimos de €uro por litro de gasoil (ive incluido) na estación de servizo situada na Avenida Brasil, s/n. Santa Comba.

Máis información: 651 863 011

ABANCA              [1404464315][es]LOGO ABANCA

Ó abeiro do convenio asinado entre ABANCA e a Asociación de Empresarios de Santa Comba, as empresas asociadas dispoñen de condicións moi competitivas en opcións de financiamento: pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais, liñas de desconto comercial e servizos de banca electrónica.

Os empresarios asociados beneficiaranse das tarifas personalizadas na alta e mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV) e poderán acceder ás ventaxas  que ofrece a Conta Solucións Autónomos e Pemes.

Máis información: 981 880 050

I-DEA  INNOVACIÓN Y DESARROLLO AMBIENTAL  i-dea

Mediante este acordo de colaboración, os titulares das actividades potencialmente contaminantes de solo asociados á Asociación de Empresarios de Santa Comba terán un prezo ventaxoso á hora de realizar Informes Preliminares de Solos (IPS) ou Informes de Solos (IS), que será de 100 € + IVA.

Sectores como talleres de reparación de vehículos, carpinterías metálicas, carpinterías de madeira, gasoliñeiras, imprentas,… teñen a obriga de remitir ao órgano competente da Comunidade Autónoma, cada cinco anos, un informe de situación.

Máis información: 981 259 399

CIMESA. CONTROL INDUSTRIAL, MÉTODOS Y ENSAYOS descarga

Mediante este convenio de colaboración as empresas asociadas que teñan a obriga de realizar inspeccións eléctricas  de Baixa Tensión, iniciais e periódicas, cada cinco anos, por ser titulares de locais de pública concorrencia (cafeterías, hoteis, talleres, clínicas, locais comerciais,…), terán un 25% de desconto sobre o prezo de mercado, que inclúe asesoramento, control das instalacións e posterior emisión do certificado de inspección ante a Consellería de Industria. (A partir de 100 Kw de potencia será necesario solicitar un presuposto).

Máis información: 982 219 839

INFOZONE VICTOR infozone-120x120

INFOZONE ORDENADORES comprométese a realizar un desconto aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba dun  5%  na compra de consumibles (cartuchos e toners, orixinais e compatibles).

 Máis información: 981 881 394

CEPSA CEPSA-logo-es-2015

En virtude do convenio asinado entre CEPSA e a Asociación de Empresarios de Santa Comba, os nosos asociados disfrutarán de diversos descontos a través dos seguintes produtos:

TARXETA CEPSA STAR: Desconto de 6 céntimos/litro (Diésel Star e Gasolina) e 7,2 céntimos /litro en Diesel Óptima. Cota de mantemento de 9 €/ano, sendo o primerio ano gratuíta. Precisa dun aval bancario segudo o consumo.

Tarxeta compatible coas Tarxetas de fidelización que ofrece CEPSA.

TARXETA CEPSA STAR DIRECT: Desconto de 6 céntimos / litro (Diesel Star e Gasolina e 7,2 céntimos/litro en Diesel Óptima. Tarxeta gratuíta que non precisa garantías bancarias.

Compatible coas tarxetas de fidelización que ofrece CEPSA.

Máis información: E.S. CEPSA Santa Comba: 981 880 391 – 605 545 741

M. VIEITO SEGUROS m-vieito-seguros-120x120

GENERALI  SEGUROS, a través do seu mediador “Seguros Manuel Vieito” ofrece seguros adaptados a calquera tipo de actividade empresarial: seguros de accidentes empresas, caución, Pymes e Comercio, Responasbilidade Civil da empresa, autos, baixas, agroseguro,…

SEGUROS MANUEL VIEITO comprometese a realizar un desconto do 35% nos produtos de GENERALI aos nosos asociados.

Máis información: 981 880 413—657 914  725

ONDA HIT RADIO    

ONDA HIT—FÓRMULA HIT oferta aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba un desconto do 20% sobre a tarifa comercial vixente de prezos ,en grabación e edición de cuñas tipo 30”.

AREA DE COBERTURA: 98.2 FM (Viveiro, Ferrol, Coruña, Lugo), 93.7 FM (Arteixo), 97.8 e 92.9 FM (Carballo, Bergantiños, Val do Dubra e Ordes), 105.6 FM (Ponteceso, Cabana e Laxe), 106.5 (Zas, Santa Comba), 100.1 (Vimianzo), 103.6 FM (Cee, Carnota, Muxía, Camariñas, Corcubión e Fisterra)

Máis información: 609 829 771

ZONA JURIDICA. CORREDURIA DE SEGUROS

zona juridica

ZONA JURÍDICA. Correduría de Seguros ofrece Seguros de Crédito ante impagos, Seguros de Caución ou Aval de Obras e Servizos ante a Administración, Seguros de Mercancías para os fabricantes ou propietarios, Responsabilidade Civil Xeral…a Grandes Empresas e Pemes e a Explotacións Gandeiras.

ZONA JURÍDICA comprométese a realizar un desconto de ata o 15 % aos nosos asociados, para Comercio, Oficinas, Vehículos…

Máis información: 981 718 419

LACAIXA lacaixa

En virtude do convenio asinado entre a nosa Asociación e “La Caixa”, esta entidade ofrece aos nosos asociados condicións ventaxosas nos seguintes produtos:

Financiación (préstamos persoais, conta crédito, desconto comercial, renting)

Solucións para emprendedores ( a Obra Social lanza unha axuda de 450 € para xóvenes autónomos)

Unha proposta ampla en TPVs (sen mantemento para os nosos asociados)

Servizos bonificados na “Conta Negocio”

Tarxetas con ventaxas específicas para autónomos

Máis información: 881 030 950

AUTOXALLAS autoxallas-120x120

En virtude do convenio asinado coa empresa local AUTO XALLAS, S.C. os nosos asociados dispoñen dun desconto dun 20 % en concepto de man de obra.

 Máis información: 981 881 308

LER LIBRERÍAS  ler-librerias-120x120

LER LIBRERÍAS  ofrece aos nosos asociados un desconto en papelería e material de oficina; desconto que se aplicará segundo o consumo de cada empresa.

Máis información: 981 881 333

ASOCIACIÓN TOUDA asociacion-touda-isotipo-con-nome-verde-marron-trasp

A Asociación Touda asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios de Santa Comba, en virtude do cal ofrecerá un desconto do 10 % en todos os seus servizos de Internet a tódolos nosos socios.

Máis información:

AROSA AVOGADOS arosaabogados

A avogada MARIA LUISA AROSA BARBEIRA  e a Asociación de Emrpesarios de Santa Comba, asinaron un convenio de colaboración en virtude do cal os nosos socios beneficiaranse dunha consulta gratuíta, así como a redacción dun burofax para a reclamación de deudas a morosos, tamén gratuíta.

Así mesmo, os socios interesados na contratación dos servizos profesionais de asesoramento xurídico e dirección letrada, beneficiaranse dun desconto do 20 % a aplicar sobre os criterios orientadores de honorarios do Ilustre Colexio de Avogados.

Máis información: 981 525 554

BUFETE DE AVOGADOS LEI NOVA leinova

A avogada MARÍA GÓMEZ RAPOSO presta servicios de asesoramento xurídico integral a empresas e particulares no ámbito do dereito civil, mercantil, bancario, administrativo, urbanismo, laboral e penal, así como a defensa dos seus intereses en sede xudicial.

Recentemente a Asociación de Empresarios de Santa Comba e a avogada MARÍA GÓMEZ RAPOSO, asinaron un convenio de colaboración en virtude do cal os nosos socios benficiaranse dunha primeira consulta gratuíta en calquera dos ámbitos do dereito civil, mercantil, bancario, administrativo, urbanismo, laboral e penal.

Así mesmo, beneficiaranse dun descontó dun 20 % na fixación dos honorarios a devengar polos servicios prestados, partindo dos Criterios Orientadores e Costes de Referencia das Actuacións Profesionais do Ilustre Colexio de Avogados.

Máis información:

  • Teléfonos: 881 941 909 – 619 413 330

** Os nosos socios teñen a posibilidade de ser atendidos no local da nosa asociación (previa cita) ou ben en C/Galeras, Nº13, 2º- Local 4. Santiago de Compostela.

PREVENSYSTEM preven

PREVENSYSTEM  é unha compañía de ámbito nacional, formada por un equipo multidisciplinar de expertos en consultoría, formación e xestión empresarial especializada en Prevención de Riscos Laborais  e en Seguridade e Saúde Laboral.

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA acaba de asinar un convenio de colaboración con PREVENSYSTEM en virtude do cal os nosos socios beneficiaranse dun 30 % de desconto sobre o concepto de especialidades técnicas no Servizo de Prevención alleo que teñan en vigor na actualidade.

En canto a especialidade de Vixiancia da Saúde, o prezo acordado é de 10 € por traballador ó ano, se non se realiza recoñecemento médico,e 48,25 € no caso de que o traballador realice o recoñecemento, sempre e cando o precontrate no momento de realizar o contrato.

Máis información: Telf. 881 879 534 / Móv. 629 860 335

 

RB SOLUCIONES 

CONVENIO ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA rbsoluciones

 

PSI presta servizos de apoio educativo a nenos con problemas de aprendizaxe, reeducación de trastornos da lectura e escritura, TDAH, problemas de conducta. Adicase tamén á xestión de actividades educativas e de ocio para ANPAS, Concellos, clases extraescolares, campamentos, obradoiros, reforzo escolar e cursos de formación permanente.

PSI comprométese a facer un desconto do 10% nos servizos de “reforzo educativo e atención psicoeducativa en trastornos da aprendizaxe” aos socios da Asociación de Empresarios de Santa Comba.

Este desconto será acumulable a outros que poida haber no seu momento (como o desconto para os socios da ANPA).

QPC é un diario dixital da Costa da Morte www.quepasanacosta.gal que comparte a actualidade de 18 concellos da bisbarra con máis de 25.000 lectores. Un diario cheo de información sobre política, sociedade, deporte, festas, cultura…

QPC comprométese a facer un desconto do 20% nas campañas publicitarias comerciais e no patrocinio do exclusivo seguemento ao fútbol da costa aos socios da Asociación de Empresarios de Santa Comba.

Proposta Empresarios Santa Comba QPC pincha no link para ver tódolos descontos.

 

 

 

CLÁUSULA DE EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE

A Asociación de Empresarios de Santa Comba non será responsable, nin directa, nin indirecta, nin subsidiariamente, dos danos e perxuizos de calquer natureza que para un/aasociado/a ou varios/as asociados/as da asociación, poidan derivarse do incumprimento por parte de outro asociado/a ou colaborador non asociado, das obrigas asumidas por éste coa asociación, a través do respectivo convenio de colaboración firmado entre ambos. En especial, non será responsable a Asociación de Empresarios de Santa Comba, do incumprimento por parte dun asociado/a ou colaborador non asociado, da obriga asumida polo mesmo de reducir en determinada porcentaxe o custo efectivo dos servicios que lle sean solicitados por outros asociados/as, así como o incumprimento de calquer outro beneficio que para cos asociados/as da Asociación se houbese comprometido coa firma do respectivo convenio de colaboración.

A Asociación de Empresarios de Santa Comba resérvase o dereito de exisilo cumprimento das obrigas incumpridas por parte de calquer asociado/a ou colaborador non asociado, empregando se fose menester as accións xudiciais pertinentes, ou ben de sancionalo/ade maneira automática coa súa exclusión da asociación.

 

Clickar no link arriba indicado