fecom

FECOM é a Federación de Asociacións empresariais de toda a Costa da Morte. Os seus socios, entre eles a nosa entidade, participan activamente nas actividades da Federación, e tamén no ambicioso proxecto de presencia na rede. O obxectivo primordial é que a Costa da Morte acade o lugar que lle corresponde, a tódolos niveis, e tamén preténdese que os empresarios de toda a zona se beneficien do seu traballo.

ata

 FECOM está integrada na Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos – ATA – que tamén ten asinados convenios con diversas empresas, a través dos cais os nosos asociados  se poden beneficiar de ventaxosos descontos.

Para máis información: www.ata.es / galicia@ata.es ou chamando ao 981 243 763.

CONVENIOS DE COLABORACIÓN FECOM

BBVA

A través deste convenio, ATA ofrece aos seus asociados tarifas planas para TPV mediante a contratación de “Bono TPV BBVA”, Conta Corriente sen comisións, préstamos para o pago de impostos, liñas de financiación ICO, leasing mobiliario e préstamo negocios á inversión, tarxeta negocios, avais e banca electrónica.

TICO INTEGRATED FIRE & SECURITY

Grazas ao convenio asinado entre ServiaATA y TYCO alarmas, os asociados de ATA poderán conseguir protección para o seu negocio ou fogar sen necesidade de paga-la alarma e con uns costes de instalación por debaixo dos prezos  oficiais de mercado.

UNIPRESALUD

Convenio Prevención de Riscos Laborais “ PRODUTO AUTÓNOMOS”, que consiste na aplicación e integración das actividades preventivas de profesionais autónomos, cun desconto dun 11 % para os asociados de ATA.

CLINICA BAVIERA

“Convenio Saúde Ocular”. As condicións son extensibles á familiares directos dos socios de ATA, válido para tódalas clinicas de España, descontos válidos para todos aqueles que acrediten ser socios de ATA na súa primeria visita a Clinica Baviera.

Promoción en tratamientos de Corrección Visual por Láser e 10 % de desconto no resto de consultas e servizos.

CEPSA

A firma do convenio entre ATA e CEPSA proporciona aos asociados autónomos un desconto de  8 céntimos por litro en Diesel Star e Gasolinas, e de 9 céntimos en Diesel Óptima, a través da tarxeta CEPSA STAR DIRECT, que é unha tarxeta gratuíta que non necesita da presentación de garantías bancarías (descontos en función do consumo de carburante).

VODAFONE

Grazas ao convenio asinado entre VODAFONE e SERVIATA, os asociados de ATA poderán beneficiarse dun desconto do 10%, sobre a base impoñible da factura (10% de desconto en total factura antes de impostos). Inclúe Voz, Datos e cotas de terminais en tarifas Redvolución.

REPSOL

Grazas ao convenio entre Serviata e Repsol, os asociados de ATA poderán disfrutar dun desconto de ata 6 céntimos en combustible nas estacións de Repsol YPF, Campsa y Petronor, a través da tarxeta Solred. (Tarxeta con aval).

Para máis información chamar ao telf. 902750857.

DKV SEGUROS MEDICOS

En virtude do convenio entre ATA e DKV SEGUROS MÉDICOS os asociados de ATA terán acceso a tódalas especialidades médicas, medios de diagnose e tratamentos, e en caso de baixa laboral, a un seguro de indemnización única prefixada que non depende da duración da incapacidade.