CONVENIOS DE COLABORACIÓN ASINADOS COA NOSA ASOCIACIÓN

ABERTAL logo

ABERTAL NETWORKS, S.L. ofrece servizos de:

– Creación e/ou configuración de páxinas de Facebook ou noutras redes sociais, captación de seguidores.

– Creación de contidos e deseños de estratexia para a venda online.

– Plataformas de venda online-

– Páxinas web

ABERTAL NETWORKS, S.L. ofrece un desconto do 15 % aos socios da Asociación de Empresarios de Santa Comba, en tódolos seus servizos.

Máis información: 981 757 815

LOS ANGELES GAS   los-angeles-gasoleo

A empresa E.S. Santa Comba Los Angeles Gas, S.L., ofrece un desconto aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba, de 6,50 céntimos de €uro por litro de gasoil (ive incluido) na estación de servizo situada na Avenida Brasil, s/n. Santa Comba.

Máis información: 651 863 011

ABANCA    [1404464315][es]LOGO ABANCA

Ó abeiro do convenio asinado entre ABANCA e a Asociación de Empresarios de Santa Comba, as empresas asociadas dispoñen de condicións moi competitivas en opcións de financiamento: pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais, liñas de desconto comercial e servizos de banca electrónica.

Os empresarios asociados beneficiaranse das tarifas personalizadas na alta e mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV) e poderán acceder ás ventaxas  que ofrece a Conta Solucións Autónomos e Pemes.

Máis información: 981 880 050

INFOZONE VICTOR infozone-120x120

INFOZONE ORDENADORES comprométese a realizar un desconto aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba dun  5%  na compra de consumibles (cartuchos e toners, orixinais e compatibles).

 Máis información: 981 881 394

CEPSA CEPSA-logo-es-2015

En virtude do convenio asinado entre CEPSA e a Asociación de Empresarios de Santa Comba, os nosos asociados disfrutarán de diversos descontos a través dos seguintes produtos:

TARXETA CEPSA STAR: Desconto de 6 céntimos/litro (Diésel Star e Gasolina) e 7,2 céntimos /litro en Diesel Óptima. Cota de mantemento de 9 €/ano, sendo o primerio ano gratuíta. Precisa dun aval bancario segudo o consumo.

Tarxeta compatible coas Tarxetas de fidelización que ofrece CEPSA.

TARXETA CEPSA STAR DIRECT: Desconto de 6 céntimos / litro (Diesel Star e Gasolina e 7,2 céntimos/litro en Diesel Óptima. Tarxeta gratuíta que non precisa garantías bancarias.

Compatible coas tarxetas de fidelización que ofrece CEPSA.

Máis información: E.S. CEPSA Santa Comba: 981 880 391 – 605 545 741

M. VIEITO SEGUROS m-vieito-seguros-120x120

GENERALI  SEGUROS, a través do seu mediador “Seguros Manuel Vieito” ofrece seguros adaptados a calquera tipo de actividade empresarial: seguros de accidentes empresas, caución, Pymes e Comercio, Responasbilidade Civil da empresa, autos, baixas, agroseguro,…

SEGUROS MANUEL VIEITO comprometese a realizar un desconto do 35% nos produtos de GENERALI aos nosos asociados.

Máis información: 981 880 413—657 914  725

NOVA HIT RADIO    

ONDA HIT—FÓRMULA HIT oferta aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba un desconto do 20% sobre a tarifa comercial vixente de prezos ,en grabación e edición de cuñas tipo 30”.

AREA DE COBERTURA: 98.2 FM (Viveiro, Ferrol, Coruña, Lugo), 93.7 FM (Arteixo), 97.8 e 92.9 FM (Carballo, Bergantiños, Val do Dubra e Ordes), 105.6 FM (Ponteceso, Cabana e Laxe), 106.5 (Zas, Santa Comba), 100.1 (Vimianzo), 103.6 FM (Cee, Carnota, Muxía, Camariñas, Corcubión e Fisterra)

Máis información: 609 829 771

LA CAIXA lacaixa

En virtude do convenio asinado entre a nosa Asociación e “La Caixa”, esta entidade ofrece aos nosos asociados condicións ventaxosas nos seguintes produtos:

Financiación (préstamos persoais, conta crédito, desconto comercial, renting)

Solucións para emprendedores ( a Obra Social lanza unha axuda de 450 € para xóvenes autónomos)

Unha proposta ampla en TPVs (sen mantemento para os nosos asociados)

Servizos bonificados na “Conta Negocio”

Tarxetas con ventaxas específicas para autónomos

Máis información: 881 030 950

AUTOXALLAS autoxallas-120x120

En virtude do convenio asinado coa empresa local AUTO XALLAS, S.C. os nosos asociados dispoñen dun desconto dun 20 % en concepto de man de obra.

 Máis información: 981 881 308

LER LIBRERÍAS  ler-librerias-120x120

LER LIBRERÍAS  ofrece aos nosos asociados un desconto en papelería e material de oficina; desconto que se aplicará segundo o consumo de cada empresa.

Máis información: 981 881 333

ASOCIACIÓN TOUDA asociacion-touda-isotipo-con-nome-verde-marron-trasp

A Asociación Touda asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios de Santa Comba, en virtude do cal ofrecerá un desconto do 10 % en todos os seus servizos de Internet a tódolos nosos socios.

Máis información:

AROSA AVOGADOS arosaabogados

A avogada MARIA LUISA AROSA BARBEIRA  e a Asociación de Emrpesarios de Santa Comba, asinaron un convenio de colaboración en virtude do cal os nosos socios beneficiaranse dunha consulta gratuíta, así como a redacción dun burofax para a reclamación de deudas a morosos, tamén gratuíta.

Así mesmo, os socios interesados na contratación dos servizos profesionais de asesoramento xurídico e dirección letrada, beneficiaranse dun desconto do 20 % a aplicar sobre os criterios orientadores de honorarios do Ilustre Colexio de Avogados.

Máis información: 981 525 554

PREVENSYSTEM preven

PREVENSYSTEM  é unha compañía de ámbito nacional, formada por un equipo multidisciplinar de expertos en consultoría, formación e xestión empresarial especializada en Prevención de Riscos Laborais  e en Seguridade e Saúde Laboral.

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA acaba de asinar un convenio de colaboración con PREVENSYSTEM en virtude do cal os nosos socios beneficiaranse dun 30 % de desconto sobre o concepto de especialidades técnicas no Servizo de Prevención alleo que teñan en vigor na actualidade.

En canto a especialidade de Vixiancia da Saúde, o prezo acordado é de 10 € por traballador ó ano, se non se realiza recoñecemento médico,e 48,25 € no caso de que o traballador realice o recoñecemento, sempre e cando o precontrate no momento de realizar o contrato.

Máis información: Telf. 881 879 534 / Móv. 629 860 335

 

RB SOLUCIONES 

CONVENIO ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA rbsoluciones

 

PSI presta servizos de apoio educativo a nenos con problemas de aprendizaxe, reeducación de trastornos da lectura e escritura, TDAH, problemas de conducta. Adicase tamén á xestión de actividades educativas e de ocio para ANPAS, Concellos, clases extraescolares, campamentos, obradoiros, reforzo escolar e cursos de formación permanente.

PSI comprométese a facer un desconto do 10% nos servizos de “reforzo educativo e atención psicoeducativa en trastornos da aprendizaxe” aos socios da Asociación de Empresarios de Santa Comba.

Este desconto será acumulable a outros que poida haber no seu momento (como o desconto para os socios da ANPA).

QPC é un diario dixital da Costa da Morte www.quepasanacosta.gal que comparte a actualidade de 18 concellos da bisbarra con máis de 25.000 lectores. Un diario cheo de información sobre política, sociedade, deporte, festas, cultura…

QPC comprométese a facer un desconto do 20% nas campañas publicitarias comerciais e no patrocinio do exclusivo seguemento ao fútbol da costa aos socios da Asociación de Empresarios de Santa Comba.

Proposta Empresarios Santa Comba QPC pincha no link para ver tódolos descontos.

 

AGAFAN

CONVENIO DE COLABORACIÓN AGAFAN (ASOCIACIÓN GALEGA DE FAMILIAS NUMEROSAS) e ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA

A Asociación de Empresarios de Santa Comba e a Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN) veñen de asinar un acordo de colaboración en virtude do cal as familias numerosa asociadas a AGAFAN terán dereito a descontos directos en tódalas compras que realicen nas empresas adheridas como entidades colaboradoras, procedentes de distintos sectores.

Para que o desconto se faga efectivo será necesario que os socios de AGAFAN se identifiquen como tales presentando nos establecementos adheridos o carné en vigor “Plan+Familia” que emite AGAFAN e que os acredita como membros da Asociación.

Ambas entidades afirman que este tipo de medidas fomenta o comercio local, supoñen un aforro importante para as familias e favorece o asentamento e a natalidade na comarca.

  ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS COMO ENTIDADES COLABORADORAS A TRAVES DESTE CONVENIO

  • DEPORTES ALVITE
  • TANARA SHOP
  • CITANIA INTERIORISMO
  •  VICTOR INFOZONE
  • FOTO TECA
  • TALLERES CONSTANTINO AMIGO
  • PSI TERAPIA E FORMACIÓN    
  • LOIS                          
  • CLINICA MEDICO DENTAL J. MANUEL POSE RODRIGUEZ
  • LA REPRO SANTA COMBA 
  • OPTICA POSE
  • OPTICA XALLAS
  • ORTOPEDIA DO XALLAS
  • PEKENOS MODA INFANTIL
  • PELUQUERÍA JOSEFA
  • ALMACENES SEROMAVI
  • CENOR SANTA COMBA

ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS ANTES DE ASINAR ESTE CONVENIO

  • LER LIBRERÍAS
  • PISOTONES
  • ARCO IRIS

** As empresas colaboradoras así como os descontos que ofrecen ás familias numerosas pódense consultar no web de AGAFAN: www.agafan.org

 

AUTOXUGA 

Características do acordo no Convenio de Colaboración con Autoxuga.

Link no seguinte enlace: Convenio AES – Autoxuga

 

SPARTANA CONTROL SERVICE 

Convenio de Colaboración asinado coa empresa SPARTANA CONTROL SERVICE en materia de desinfección de locais por COVID-19.

Esta empresa está inscrita no Rexistro Oficial de establecementos e servizos de biocidas da Comunidade Autónoma Galega  co número 0450-GAL-SCO.

En virtude deste convenio os nosos asociados terán un desconto do 50 % sobre a tarifa oficial.

Para locais de maior superficie ou vehículos consultar precio e se manterán neste caso o desconto aos socios do 50%.

———————————————————————————————————————

CLÁUSULA DE EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE

A Asociación de Empresarios de Santa Comba non será responsable, nin directa, nin indirecta, nin subsidiariamente, dos danos e perxuizos de calquer natureza que para un/aasociado/a ou varios/as asociados/as da asociación, poidan derivarse do incumprimento por parte de outro asociado/a ou colaborador non asociado, das obrigas asumidas por éste coa asociación, a través do respectivo convenio de colaboración firmado entre ambos. En especial, non será responsable a Asociación de Empresarios de Santa Comba, do incumprimento por parte dun asociado/a ou colaborador non asociado, da obriga asumida polo mesmo de reducir en determinada porcentaxe o custo efectivo dos servicios que lle sean solicitados por outros asociados/as, así como o incumprimento de calquer outro beneficio que para cos asociados/as da Asociación se houbese comprometido coa firma do respectivo convenio de colaboración.

A Asociación de Empresarios de Santa Comba resérvase o dereito de exisilo cumprimento das obrigas incumpridas por parte de calquer asociado/a ou colaborador non asociado, empregando se fose menester as accións xudiciais pertinentes, ou ben de sancionalo/ade maneira automática coa súa exclusión da asociación.