CMYK b‡sico VI RUTA DE TAPAS E I CONCURSO DA TORTILLA

 

O próximo fin de semana en Santa Comba comeza a agardada Ruta de Tapas, que xa vai pola súa sexta edición, e este ano como novidade vai acompañada do I Concurso da Tortilla onde os locais participantes innovarán novas receitas da xá clásica tortilla de patacas.

A Asociación de Empresarios de Santa Comba xunto ao Concello de Santa Comba levan a cabo esta cita que terá lugar entre o 6 e o 22 de maio, os venres, sábados e domingos, os dous primeiros fins de semana do 6 ao 15 terá lugar a Ruta de Tapas e o último fin de semana do 20 ao 22 de maio será o Concurso da Tortilla.

Participan un total de 8 locais de hostalería nas dúas modalidades con tapas como “vieiras de festa”, “fricasé de polo”, “burrito de zorza con arzúa Ulloa”, “estofado de xabarín con patacas e pementos do piquillo”, “espaguetti de calabacín con albóndiga e salsa de queixo” e “fabas con ameixas” entre outras.

Os locais que participan son Cerveceria Cafetería D’Mara, Hotel Xallas, Café Bar A Nosa Vila, Cafetería Talladas, Restaurante Cervantes, Restaurante Tío Paco, Cervecería O Boguiña e Cafetería Rafael.

Os locais participantes porán a disposición dos seus clientes os Pasaportes de votación e a urnas. Para participar e optar aos premios os clientes terán que ter tódolos selos dos locais participantes coas súas tapas valoradas, participando así nun sorteo de pases para dúas persoas no Talaso Termaria Casa da Auga en A Coruña, se se completa a Ruta de Tapas, e dunha tablet de 7” e 150 euros en combustible se se completa a ruta do Concurso da Tortilla. Poderán optar a ambos premios aquel que complete todo o pasaporte.

O sorteo dos premios terá lugar ao finalizar a Asemblea Xeral Extraordinaria da Asociación de Empresarios de Santa Comba o vindeiro 27 de maio no Edificio Multiusos do Concello.

E unha vez depositado o pasaporte na urnas procédese ao reconto e pola puntuación dos tapeiros saldrán gañadoras as tres mellores tapas e a mellor tortilla xalleira.

Colaboran nos premios Electrodomésticos Milar Sampedro, Estación de Servizo A Cabreira, Los Angeles Gas e Cepsa Santa Comba.

CMYK b‡sico