IMPRIMIRSAÍR
CURSO - CAPACITACIÓN PARA DELEGADOS E RESPONSABLES DE VENDAS (MARZO 2010)
CURSO - CAPACITACIÓN PARA DELEGADOS DE VENTAS (MARZO 2010)

Curso que  comeza o martes 9 de marzo e rematará o mércores 24 de marzo.

Terá unha duración de 44 horas das cales 30 horas son presenciais de luns a xoves en horario do 19:30 a 22:30 horas na aula de formación da sede da Asociación de Empresarios.

 
Nome
Capacitación para Delegados e Responsables de Vendas
Área
Marketing y Comercial
Modalidade
Mixta
Data de Comezo
09-03-2010
Data de Remate
24-03-2010
Provincia
A Coruña
Localidade
SANTA COMBA
Direccion
Asociación de Empresarios de Santa Comba, Rúa Pontevedra nº 9 - entresuelo
Total Horas Lectivas
44
Horarios
As clases presenciais serán de luns a xoves de 19:30 a 22:30 horas.
O curso levarase a cabo na modalidade mixta, por tanto os alumnos deberán realizar as horas presenciais do curso e os módulos de Sensibilización Medioambiental e Formación para a Igualdade que se leva a cabo a distancia.
As datas e horarios indicados pertencerán a parte presencial.
Prezo
Subvencionado
Obxetivos
* Xerais:

-Acadar coñecementos, aplicar técnicas e utilizar ferramentas especificas para a mellora nos resultados da actividade comercial desempeñada polas persoas asistentes

MÓDULO TRANSVERSAL DE SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL
Introducir aos alumno no coñecemento dos principais problemas medioambientais, tanto a nivel xeral, como no ámbito laboral, e a súa aplicación á especialidade profesional a través do
desenvolvemento de boas prácticas medioambientais


* Específicos:

Obxectivos Módulo 1
-Vincular o contido e obxetivo da actividade comercial ao resto da organización empresarial

Obxectivos Módulo 2
-Coñecer as novas tendencias e ferramentas facilitadoras da ampliación da carteira de clientes co uso das Novas Tecnoloxías

Obxectivos Módulo 3
-Manexar técnicas e ferramentas de análise cuantitativo para medir e contrastar a actividade comercial

Obxectivos Módulo 4
-Trasladar conceptos básicos e sinxelos de marketing a actividade diaria da venda

Obxectivos Módulo 5
-Mellorar o contacto co cliente no momento da presentación da empresa ou de propostas comerciais concretas

Obxectivos Módulo 6
-Coñecer ferramentas de base tecnolóxica de uso común como facilitadoras da actividade comercial diaria

Obxectivos Módulo 7
-Identificar as variables críticas da actividad comercial e definir a súa medida

Obxectivos Módulo 8
-Mellorar as habilidades relacionadas coa negociación con clientes

Obxectivos do módulo transversal de formación para a igualdade de oportunidades

-Proporcionar os coñecementos básicos sobre a igualdade de oportunidades desde o marco conceptual sexo/xénero, ata o desenvolvemento histórico e lexislativo do concepto de igualdade de xénero
-Achegar criterios que permitan tanto analizar as situacións de desigualdade como valorar os niveis de igualdade alcanzados
-Sensibilizar aos participantes das vantaxes das Políticas de Igualdade
-Coñecer as informacións básicas para traballar a igualdade de oportunidades
-Introducir a igualdade de oportunidades como un criterio de calidadepara a formación, que desde unha postura activa, permita responderás exixencias da realidade económica e social e incorporar os principios e estratexias da igualdade de oportunidades ao deseño das accións formativas
-Remarcar a achega positiva que tódalas persoas poden facer á sociedade

Obxectivos do módulo “Sensibilización Ambiental”:
Preténdese concienciar ós asistentes da necesidade de adoptar unha serie de boas prácticas dende o punto de vista medio ambiental
Para acadar este obxectivo establécense como obxectivos específicos os seguintes:
-Coñecer as principias técnicas empregadas na actualidade para reducir as emisións contaminantes á atmosfera
-Coñecer os principais tratamentos empregados na eliminación de substancias contaminantes presentes nas augas residuais
-Coñecer as principais alteracións que poden ter lugar no solo
-Coñecer a definición e caracterización dos diferentes tipos de residuos especialmente os problemas asociados á contaminación acústica





Programa
Módulo 1: Estratexia Empresarial. Conceptos Básicos. O plan de negocio (5 horas)
Módulo 2: Establecemento de Relación Comerciais. O Networking (5 horas)
Módulo 3: Finanzas para Vendedores. O Presuposto de Vendas (5 horas)
Módulo 4: O Marketing como Facilitador da Venda. O Marketing Directo (5 horas)
Módulo 5: Presentacións Comerciais e Reunión con Clientes. A Presentación dunha Proposta (5 horas)
Módulo 6: A Organización da Actividade de Vendas. Ferramentas de Xestión Comercial (5 horas)
Módulo 7: Análise da Actividade Comercial. O Cuadro de Mando Comercial (5 horas)
Módulo 8: A Negociación Comercial. Factores de Exito ou Fracaso (5 horas)

Módulo de Formación para a Igualdade de Oportunidades (5 horas)

-Concepto de igualdade/ marco conceptual
-A Igualdade de Oportunidades para as mulleres:
Políticas, programas e leis de igualdade
-Accións positivas. Mainstreaming de xénero
-Situación actual da participación das mulleres
-Planes de igualdade

Módulo Transversal de Sensibilización Ambiental (9 horas)
UNIDADE DIDÁCTICA 1: SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL
•Introdución ao concepto de medioambiente
•A contaminación e a deterioración dos recursos naturais
•A cidade: o noso medio
•A actuación da Administración
•A resposta da sociedade
•A achega individual
•Adaptación do módulo as distintas familias profesionais e as súas ocupacións