Adiante Galicia

Hoxe na nosa promoción de socios falamos dunha empresa que a gran maioría usamos como medio de información e actualidade, pero de seguro que poucos sabemos o que hai detrás dela e o alcance que ten.

Falamos de 𝗔𝗱𝗶𝗮𝗻𝘁𝗲 𝗚𝗮𝗹𝗶𝗰𝗶𝗮, que é unha plataforma de contidos en internet creada en Santa Comba no 2014. A súa principal cabeceira é o diario dixital Adiante Galicia/Adiante Diario, que ofrece información de toda a provincia coruñesa con especial atención á comarca do Xallas e á Costa da Morte.

Tamén editan o xornal Crónica Marítima e xestionan os contidos e a publicidade do xornal dixital decano da Costa da Morte, Anosacosta (fundado no 2005).

Outros medios integrados na súa plataforma son a canle de Youtube Adiante TV, e os Podcast radiofónicos de música “Lobos de Metal” e de actualidade e política “A Trencha” (Ivoox e Spotify).

Por último ofrecen servizos de prensa e asesoría, edición (con dous libros publicados), e difusión por internet, colaborando con varias empresas, concellos e institucións na promoción de eventos.

Están presentes en Facebook, Instagram, Youtube e Twitter. Coas súas páxinas nas redes sociais, superan os 26.000 seguidores. 

Recentemente acaban de botar a andar unha canle de Telegram e recibiron o recoñecemento da asociación Aviornis Ibérica pola cobertura realizada no Congreso Internacional celebrado en Gondomar.

Podes contactar con eles no teléfono 627.217.963 ou a través do mail contacto@adiantegalicia.es

A continuación deixámosvos enlace ás súas canles principais para que poidades botarlles un ollo: 

www.adiantegalicia.es 

www.cronicamaritima.es

www.anosacosta.com

www.youtube.es/@adiantetv