Agrícola Coruñesa - Agricor

Agrícola Coruñesa, máis coñecida por todos nós como Agricor, é unha empresa de Santa Comba fundada no 1998, con moita ilusión e ganas de innovar no sector da gandería. 

Foron 3 os socios que iniciaron esta aventura, aunando en Agrícola Coruñesa os seus anos de experiencia nos sectores agrícola e gandeiro. Co transcurrir dos anos, viviron en primeira persoa os numerosos cambios que experimentaron ambos sectores, tanto na maneira de realizar os traballos no campo como nas infraestructuras gandeiras, sendo neste último ámbito onde viron a oportunidade de seguir mellorando.

Cabe destacar que son distribuidores oficiais de GEA Farm Technologies, empresa Alemana con forte presencia en España, da que Agricor representa a delegación de A Coruña. Sumando a experiencia de GEA e os máis de 25 anos de experiencia dos nosos asociados no sector, podemos asegurar que ofrecen á súa comunidade un sinfín de solucións e avances co fin de ofrecer aos seus clientes as últimas novidades da industria e dar sempre un servizo de calidade e resposta eficiente.

Dedícanse principalmente á instalación de salas de ordeño e tanques de frío, así como ó seu servicio postventa, xa que levan a cabo os respectivos servicios técnicos e os mantementos precisos. 

Por outra banda, na súa tenda física dispoñen de venda ó público de calquera reposto que se poida precisar para os mantementos de ditas instalacións, así como todo o material necesario para unha explotación gandeira (dende cepillos autolimpadores para vacas, limpezas automatizadas, cubículos, vallas de alimentación, etc.)

Podes visitalos en Vilar s/n (A Pereira), onde te asesorarán dos sistemas máis adecuados para cada explotación.