Almacenes Amarelle
Hoxe falamos dunha empresa que fai máis de 30 anos que comezou a súa andadura no mundo da distribución de materiais da construción.
Falamos de 𝐀𝐥𝐦𝐚𝐜𝐞𝐧𝐞𝐬 𝐀𝐦𝐚𝐫𝐞𝐥𝐥𝐞, empresa familiar situada en Santa Comba e con un gran recoñecemento na zona. O paso dos anos, sumado ó esforzo e ó traballo duro son os que conseguiron que, a día de hoxe, sexan unha empresa de referencia no seu sector.
Traballan con marcas de prestixio e cunha gran traxectoria, especializadas en diferentes ramas como a construción, saneamentos ou ferretería. No seu almacén de Santa Comba poderás atopar todo o que precises de calquera dos sectores, xa que contan con un amplo stock de artigos e materiais de todo tipo.
Encárganse de suministrar todo o necesario para grandes ou pequenas construcións en calquera fogar ou local comercial, así como tamén para todo tipo de traballos relacionados co bricolaxe.
Contan cunha gran formación nas diferentes ramas que traballan, o que lles permite asesorar de maneira óptima a todo aquel que se acerque aos seus almacéns. Garanten un trato próximo e amable a todos os clientes para asegurarse de que os produtos que adquiren son os máis recomendables e adecuados para as súas necesidades, aconsellando sempre desde a experiencia e a profesionalidade.
Para facer máis sinxela a compra de materiais, ofrecen un servizo de transporte gratuíto para todos os pedidos, sen importar a cantidade dos mesmos.
Se estás pensando en realizar unha obra ou reforma, ponte en contacto con eles e estarán encantados de atenderte. Podes visitar a súa oficina e exposición no lugar de Bazar ou contactar con eles a través dos teléfonos 981 538 689 ou 603 556 751.