Aluminios La Torre
É día de que coñezades mellor a un dos nosos asociados e hoxe imos saber un pouco máis sobre Aluminios La Torre.
Os seus comezos remóntanse ao ano 1987, cando esta empresa foi fundada no lugar que lle dá nome e no que continúan traballando a día de hoxe. Empresa familiar con máis de 30 anos de
antigüidade que naceu centrándose na fabricación e montaxe de carpintería metálica en xeral.
Contan cunha ampla experiencia en todo tipo de traballos en aluminio e PVC (portas, ventanas, cerramentos, etc) pero a súa oferta vai moito máis alá, xa que ofrecen unha ampla
gama de solucións e servizos para poder satisfacer as necesidades de cada cliente e que este poida levar a cabo os seus proxectos.
Entre os seus servizos podemos atopar desde o plegado
de chapas, ata realización de fachadas de locais comerciais ou a instalación de todo tipo de cerramentos. Xa no tocante
ó interior da vivenda, tamén podes contar con eles para a colocación de mamparas de baño e ducha ou incluso para a división de estancias.
Un dos seus propósitos fundamentais, ademais de ofrecer novidades en canto a estilo e deseño, é tamén ofrecer produtos que logren unha eficiencia e aforro, prestando especial
atención a conseguir un bo illamento térmico e acústico da túa vivenda ou local comercial.
Intentan brindar aos seus clientes a maior calidade de servizo, tratando con persoal de confianza que axudará a cada cliente con solucións totalmente personalizadas, tanto para
particulares como para empresas.
Podemos dicir que son unha pequena empresa que gracias á confianza dos seus clientes, son capaces de seguir dando vida a proxectos adaptados ás necesidades de cada un, desde un
trato cercano e directo.