Amorodo Fotografía
Na nosa promoción de socios de hoxe cambiamos totalmente de terzo e ímonos ata o sector da fotografía para falar dunha rapaza que, desde ben pequena, andaba sempre coa súa cámara na man fotografando todo cando había ao seu redor.
Con esa mesma ilusión que tivo dende nena, creou no 2019 𝐀𝐦𝐨𝐫𝐨𝐝𝐨 𝐅𝐨𝐭𝐨𝐠𝐫𝐚𝐟𝐢́𝐚, para seguir inmortalizando todos eses momentos, sensacións e emocións únicos e irrepetibles en forma de imaxes.
Cando a profesión e a paixón van ligadas, é algo que se demostra nos resultados e boa proba disto atopámola en calquera das súas reportaxes.
En Amorodo, realizan traballos de todo tipo, tanto fotografía social (bautizos, comuñóns, vodas, etc.) como fotografía de comercio (foto de negocio, etc.). Unha das súas debilidades son os nenos, e polo tanto, unha das súas especialidades son as sesións infantís, xunto coas familiares e as de premamá.
Se botades un ollo aos seus traballos, algo que seguro que non vos pasa desapercibido son os seus decorados, e como curiosidade e aporte extra de valor aos seus traballos, hoxe contámosvos que son feitos a man e dun xeito sostible.
Se queres conseguir unhas fotos naturais con un toque de maxia, Amorodo Fotografía é o teu lugar! Lograrán capturar os vosos momentos mais especiais dun xeito natural, creando así recordos únicos.
Podes botar un ollo aos seus traballos nas súas redes sociais www.facebook.com/amorodofotografia/ e www.instagram.com/amorodofotografia/ ou visitala no número 1 da Avda. Brasil.
Aproveitamos a ocasión para felicitala xa que xusto acaba de facer 4 aniños que Amorodo abriu as súas portas por primeira vez e desexámoslle un futuro cheo de sorte e bos momentos que seguir inmortalizando!