Zapatería Andares
Hoxe falamos de Zapatería Andares, que foi das pioneiras de Santa Comba no seu sector; nos seus inicios estivo ubicada na rúa Ferradura baixo o nome de Calzados Arosa e atendida por Francisco e despois pola súa filla Marina.
No ano 90, debido ó seu falecemento traspasouse quedando a cargo de Herminia Vilarnovo e seguindo coa súa actividade baixo o mesmo nome e no mesmo lugar. Ata o 2003 que pasou a ser Zapatería Andares e ubicarse no 83 da Avda. Alfonso Molina onde continúa na actualidade.
No 2018, por xubilación pasou a mans deTrini que é a que a leva actualmente.
En Andares poderás atopar zapatos de home e muller de tódolos estilos, e tamén calzado deportivo e zapatillas de casa, dando prioridade á calidade e á comodidade.
Traballan con primeiras marcas como Pikolinos, Fluchos, Chiruca, Suave, Membur, 48H, D’Chicas, XTI, Pitillos, Gioseppo, Mustang, Popa, Mimao, Alpe ou Notton entre outras.
Ademais de calzado tamén atoparás bolsos e accesorios para completar o teu look, tanto para o día a día como para eses eventos que se acercan…
Trini quere aproveitar a ocasión para dar as gracias aos seus clientes, xa que a eles debe a longa traxectoria coa que conta o seu negocio e que poida seguir medrando día a día.
En Zapatería Andares temos un claro exemplo de empresa que evolucionou co paso dos anos e que soubo adaptarse aos tempos. Podes seguilos a través das súas páxinas de facebook e instagram para estar ó tanto de todas as súas novidades!