𝐋𝐨𝐬 Á𝐧𝐠𝐞𝐥𝐞𝐬 𝐆𝐚𝐬

Hoxe falamos dunha empresa que leva desde o 1973 preto de todos nós e desde o 2009 formando parte da nosa asociación.

Falamos de 𝐋𝐨𝐬 𝐀́𝐧𝐠𝐞𝐥𝐞𝐬 𝐆𝐚𝐬, empresa con 50 anos de traxectoria avalados pola atención ao cliente, a calidade do produto e servizo e o desexo de avanzar para dar sempre o mellor deles.

E aínda co aval que supón toda esa traxectoria, seguen traballando día a día para estar sempre preto dos seus clientes dando a mellor resposta.

Podes 𝒂𝒕𝒐𝒑𝒂𝒍𝒐𝒔 𝒃𝒂𝒊𝒙𝒐 𝒂 𝒃𝒂𝒏𝒅𝒆𝒊𝒓𝒂 𝑪𝑬𝑷𝑺𝑨 𝒏𝒂 𝑨𝒗𝒆𝒏𝒊𝒅𝒂 𝑩𝒓𝒂𝒔𝒊𝒍 𝒅𝒆 𝑺𝒂𝒏𝒕𝒂 𝑪𝒐𝒎𝒃𝒂, onde non só tes garantido o mellor carburante, senón que ademais dispoñen de atención personalizada e unha ampla área de limpeza, un pequeno supermercado que che arranxará máis dunha urxencia e unha zona de cafetería que máis que iso, é un punto de encontro con amigos e veciños.

E se es daqueles que queren aforrar sen perder calidade, dispoñen da 𝐭𝐚𝐫𝐱𝐞𝐭𝐚 𝐝𝐞 𝐜𝐥𝐢𝐞𝐧𝐭𝐞 𝐋𝐀𝐆 que che ofrece 𝒅𝒆𝒔𝒄𝒐𝒏𝒕𝒐 𝒊𝒏𝒎𝒆𝒅𝒊𝒂𝒕𝒐 en cada repostaxe de gasóleos e gasolinas. Infórmate na túa estación Los Ángeles máis próxima e non perdas a oportunidade de usala e aforrar sempre que os visites.
Outro aspecto a destacar é o seu servizo a domicilio, xa que levan o gasóleo de calefacción e o agrícola, así como LAG Blue alá onde llo pidas; fai os teus pedidos a través da súa web e recibe o mellor produto onde o necesites.

Traballan día a día co mellor produto e co servizo personalizado e próximo que dan os profesionais que che atenden en LAG Xallas e en calquera das estacións de servizo da súa rede.

Despois de tanto anos, seguen adiante grazas a todos vós porque, o cliente sempre é o primeiro!

Deixámosvos o enlace á súa páxina web:

https://losangelesgas.es/estaciones/lag-santa-comba/

 desde a que tamén podedes acceder a todas as súas redes sociais (facebook, instagram, twitter) para estar ó tanto de todas as súas novidades.