Calendario de apertura en festivos
0 min read
A Xunta de Galicia publicou o luns 11 de outubro no DOG, os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais que non gozan de liberdade horaria, entre os que se atopan grandes supermercados, poderán abrir ao longo do próximo ano 2022.
Os días de apertura, que segundo establece a normativa son dez cada ano, distribúense do seguinte xeito:
- Domingo 2 de xaneiro
- Domingo 9 de xaneiro
- Xoves Santo (14 de abril)
- Domingo 26 de xuño
- Domingo 27 de novembro
- Domingo 4 de decembro
- Martes 6 de decembro (Día da Constitución)
- Xoves 8 de decembro (Inmaculada Concepción)
- Domingo 11 de decembro
- Domingo 18 de decembro
Estes domingos e festivos non se aplican ás pequenas empresas, xa que, en xeral, os establecementos de ata 300 metros cadrados poden decidir libremente o seu horario e días de apertura, a excepción dos que non se consideran pequenas e medianas empresas.
