Bases do concurso fotográfico Santa Comba en cores
A Asociación de Empresarios de Santa Comba con C.I.F.: G-15.551.104 sita na Rúa Pontevedra, 9, entrechán, organiza o Concurso Fotográfico Santa Comba en Cores, coa finalidade de dar visibilidade aos murais artísticos creados recentemente no noso núcleo urbano.
–O ámbito de participación é de carácter xeral.
–O comezo do concurso será o luns 23 de agosto ás 09:00 h. e rematará o 29 de agosto ás 14:00 h. de 2021.
–Tódalas persoas que desexen participar deberán de enviar unha foto dende calquera muro do proxecto Santa Comba en Cores, xunto cunha foto dun ticket de compra de calquera das 206 empresas asociadas, dos últimos dez días.
As empresas asociadas poden consultarse na web www.empresariosdesantacomba.com.
Para concursar, os participantes deberán portar algún elemento, disfraz ou atrezo que faga referencia ás temáticas dos murais. (Exemplo: indumentaria ou elemento deportivo no mural destinado a deportes, un elemento de música tradicional galega no muro que fai referencia a esa temática, algún elemento de minería ou emigración no mural sito na Avda. de Brasil, etc…).
–As fotografías deberán de enviarse por whatsapp a calquera dos siguientes contactos: 633181817 (oficina AES) e 618856411 (Presidente).
Xunto coa fotografía, deberá adxuntarse un ticket de compra dos últimos dez día e constatar nome e apelidos do concursante ou concursantes.
No caso de ser menor de idade, aportar os datos do titor.
–Só se publicará unha foto por participante/s.
–As fotografías dos participantes subiranse exclusivamente á páxina de facebook “Asociación Empresarios Santa Comba” dende o día 23 de agosto ás 09:00h. ata o 29 ás 14:00h. dese mesmo mes.
–O día 30 de agosto decidiranse os gañadores dacordo coas interaccións en dita rede social.
Gañarán os 3 concursantes que máis interaccións obteñan.
–Premios:
1º Un móbil xiaomi redmi 9AT 32GB.
2º Un aspirador Karcher WD3 Premium seco-húmido.
3º Un recortabordes stihl.
*Os 5 primeiros concursantes recibirán un premio sorpresa.
–Os premios recolleranse na sede da Asociación de Empresarios de Santa Comba, en horario de 09:30 a 15:00 h de luns a venres.
–O feito de participar en dito concurso supón a aceptación das bases.
Santa Comba, 16 de agosto de 2021
Asdo. Alberto Romar Landeira
Presidente