Bases Campaña do Día da Nai

DÍA DA NAI

BASES

A Asociación de Empresarios de Santa Comba con C.I.F.: G-15.551.104 sita na Rúa Pontevedra, 9, entrechán, organiza a Campaña do día da nai 2021 coa finalidade de incentivar as compras nesta data especial.

  1. O ámbito de participación engloba a tódalas empresas pertencentes a nosa Asociación.
  2. A Campaña comezará o venres 23 de abril e rematará o sábado 1 de maio de 2021.
  3. A Asociación repartirá de balde 1 talonario de 50 rifas con dous números en cada rifa e un cartel identificativo da campaña. (máximo 2 talonarios baixo petición).
  4. As rifas repartiranse aos clientes de balde por compra realizada e non poderán participar nas rifas dese establecemento os titulares do mesmo nin a súa familia directa.
  5. Sortearase un gran cesta valorada en 170€, composta de: 3 botellas de licor, 1 reloxo de parede, 1 alfombra de baño, 1 hucha, 1 arroceira, 1 kit de ovo, 1 mantel antimanchas, 1 caixa velas led, 1 bandexa, 1 coador, 1 paraugas, 1 bolsa da compra, 1 paquete de café, 1 bolsa de figos, 1 caixa de galletas, 1 bote de melocotón, 1 botella de aceite, 1 lata de atún, 1 caixa de barquillos e 1 bote de mel.
  6. Haberá só un único número gañador e será o que coincidan as 4 últimas cifras co número premiado no cupón da ONCE do sorteo extra do día da nai, o domingo 2 de maio.
  7. O prazo para recoller o premio rematará o día 31 de maio de 2021.
  8. O premio recollerase nas oficinas da Asociación en horario de 09:30 a 13:30 h de luns a venres e por imposibilidade de recollelo neste horario estará dispoñible o Presidente en horario de tarde.
  9. As empresas que desexen participar nesta iniciativa deberán comunicalo á Asociaciación, como data límite o mércores 21 de abril ás 10:00 h. a través das canles de costume.
  10. Farase publicidade do evento e das empresas participantes nas redes sociais dende o venres 23 de abril, que é cando comeza a campaña.
  11. A Campaña do día da nai non supón ningún custe adicional ás empresas participantes.
  12. A Asociación destinará o premio a outras campañas se resultase deserto.
  13. O participante supón a aceptación destas bases.

 

Santa Comba, 16 de abril de 2021

Asdo. Alberto Romar Landeira

Presidente

 

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *