Resumo de actuacións 2020

RESUMO DE ACTUACIÓNS 2020

XANEIRO

-Entrega de premios do XIII Concurso de Escaparates do Nadal organizado conxuntamente co Concello de Santa Comba. Participaron un total de 10 locais e resultaron gañadores:

1º Premio: Holamobi

2º Premio: Foto Teca

3º Premio: Pisotones

-Sorteo de 2.000€  en 8 vales de compra por importe de 250€ cada un, dentro da campaña de Nadal,  a canxear nos establecementos participantes da iniciativa.

-Reunión da Xunta Directiva na que se acorda:

  • As datas da celebración da XI Feira da Primavera que serán o 20, 21 e 22 de marzo.
  • A concesión da subvención da Deputación da Coruña por importe de 6.200€.
  • Organizar un curso de 10 h presenciais de escaparatismo.
  • Organizar unha cea benéfica a favor da Fundación pública galega de medicina xenómina dirixida por D. Angel Carracedo.

FEBREIRO

-Reunión da Xunta Directiva na que se acorda:

  • Colaborar co Concello de Mazaricos para un intercambio de stands entre as feiras da primavera e a feira vella de Mazaricos.
  • Reunión co alcalde onde lle traslada á Xunta Directiva que Xestur encargaríase do proxecto técnico para ampliar o polígono industrial de Santa Comba e que a vivenda comunitaria cumpriría tódolos requisitos técnicos para a xestión dun centro de día.

-Convocatoria da mesa local de comercio do Concello de Santa Comba, a fin de emitir o informe previo á celebración da XI Feira da Primavera.

MARZO

Cancelación da XI Feira da Primavera motivada polo estado de alarma decretado o 14 de marzo de 2020 para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo covid-19.

ABRIL

A cota de socio deste mes queda exenta debido á situación de crise sanitaria derivada do covid-19, que motiva o peche temporal de moitas empresas.

XUÑO

-Reunións da Xunta Directiva na que se acordan:

  • Modificación do proxecto de solicitude de subvención presentada á Deputación pola redución das actividades a realizar coa conseguinte adaptación do orzamento e de actividades a realizar do que resta de ano.
  • Reunión co alcalde onde se fai entrega dun dossier con medidas e propostas para reducir o impacto socioeconómico nas empresas polo covid-19, así tamén manifesta que levará a pleno a reducción da taxa de recollida do lixo e a taxa de terrazas.
  • A entidade ve necesaria implantar unha web empresarial única para tódalas empresas locais para potenciar o comercio online e o servizo de entrega a domicilio, así como a reprogramación da radio local para unha mellor repercusión para as empresas locais e a entrega por parte do Concello de materiais de protección e prevención do covid-19 ás empresas que o necesiten.
  • Por último solicitase un informe ao Concello para ser coñecedores dos pasos dados para o proxecto do centro de día e do polígono empresarial.
  • Convocar a Asemblea Xeral Ordinaria, e apróbanse a orde do día da Asemblea, as contas do exercicio 2019 e a previsión para o 2020, a memoria anual e a convocatoria de eleccións de Presidencia e Xunta Directiva da Asociación.

XULLO

-Celebración da Asemblea Xeral Ordinaria que tivo lugar o 21 de xullo no Auditorio do Edificio Multiusos.

-Renovación de Presidencia e Xunta Directiva.

-A nova Xunta Directiva elexida na Asemblea Xeral Ordinaria e que preside Alberto Romar Landeira consta dos seguintes membros, Victor Manuel Vecino Rey, Inés Castro Ambroa, Cristina Silva Paredes, Alberto Arán Pérez, Pablo Pérez Escaríz, Cristina Calvelo Vilaboa, Javier González Blanco, Diego Vilas Boga e Marcos Rodríguez Ferreiro.

-Reunións da Xunta Directiva na que se acordan:

  • A viabilidade de realizar a XII Ruta de Tapas.
  • A cesión da aula de formación aos socios que a solicitan para reunións ou formación.
  • Cambio de representantes da Asociación na Federación de Empresarios da Costa da Morte, da Asociación Terras de Compostela e da Mesa local de Comercio do Concello de Santa Comba.
  • Designación de cargos da Directiva así como os autorizados para as contas bancarias.

-Creación dun grupo de whatsapp informativo de tódolos socios.

AGOSTO

-Reunión da Xunta Directiva na que se acorda:

  • A valoración da reunión mantida co alcalde onde a Xunta Directiva lle transmite a situación económica da Asociación e o preacordo de colaboración entre ámbalas dúas entidades para organizar eventos.
  • Debido á situación de crise sanitaria decídese a cancelación da III Feira de Outono e a Expomóbil.
  • Mercar a Lotería de Nadal nas administracións de lotería locais.

-Solicitude ao Concello da creación dun espazo semanal na radio local co fin de que as empresas socias poidan promocionar os seus servizos, produtos e proxectos así como posibles ofertas , descontos e a súa historia e traxectoria no noso concello.

– Reunións cos portavoces do Partido Popular e do Partido Socialista para expresarlle os intereses da nosa entidade.

– Inicio da devolución das cotas da Feira da Primavera por non celebrarase debido ao estado de alarma.

– Asistencia á reunión informativa sobre as subvencións nominativas 2020 no Edificio Multiusos.

SETEMBRO

-Reunión co persoal da Xunta de Galicia para tratar o tema da banda larga da rede de fibra óptica no noso concello.

– Reunión con telefónica e alcaldía en relación as problemáticas que nos trasladan os socios na implantación na rede de fibra óptica.

-Reunión da Xunta Directiva na que se acorda:

  • A celebración da XII Ruta de Tapas e Venres Negro.
  • A realización dun spot publicitario en colaboración co Concello de Santa Comba para a promoción do noso concello. Dito spot non supón ningún gasto para a Asociación.
  • Realizar un concurso de videos co lema “eu apoio o comercio local, e ti??”.
  • Realizar a Campaña de Nadal nun formato diferente do que se viña realizando ata agora. Este ano realizaranse rascas con premios directos.

-Escrito enviado á alcaldía en relación ao tratamento informativo que se da do noso Concello dende diferentes medios en relación ao Covid-19.

-Petición ao Concello da rebaixa da taxa do lixo para autónomos e pemes e axudas directas, así como nos traslada avances en relación ao centro de día que se levaría a cabo na vivenda comunitaria.

-Reunión co Alcalde para solicitar a constitución dunha mesa de diálogo social con tódolos partidos políticos (para solicitude de axudas para pemes e autónomos). Petición da creación dunha aplicación sobre os deterioros do pobo.

OUTUBRO

-Cambio de horario da sede da entidade por conciliación familiar segundo a petición da técnica.

-Envío ao Concello da proposta de festivos locais para o ano 2021, segundo as repostas dos asociados no que a maioría coinciden en que sexan o 29 e 30 de xuño.

-Curso de Facturación electrónica, autenticación dixital e trámites coa administración na aula CeMIT do Edificio Multiusos.

-Reunión da Xunta Directiva na que se acorda:

  • A cancelación das actividades de ocio e tempo libre dirixidas aos neno/as, así como as actuacións musicais programadas para XII Ruta de Tapas e o Venres Negro, debido á evolución da crise sanitaria motivada polo Covid-19 no noso Concello.

-Reunión informativa no Restaurante A Fortaleza en relación ao Venres Negro.

-Realización do concurso de videos co lema “eu apoio o comercio local, e ti??”.

NOVEMBRO

-A Xunta Directiva solicita ao Concello a viabilidade dunha ampliación do Polígono Industrial, a substitución do panel informativo situado na entrada ao Polígono onde consten tódalas empresas instaladas no parque empresarial e os movementos que se están realizando para subsanar a problemática na numeración e nomenclatura de diferentes rúas do noso Concello.

-Así mesmo solicitase de novo que valore e consensúe a rebaixa do importo da recollida do lixo para o vindeiro ano, tanto para os autónomos como para as pemes.

-Celebración do Venres Negro os días 26, 27 e 28 onde a Asociación repartiu entre os 43 participantes globos e un vinilo para colocar nos locais, para este evento promocionamos os descontos e os ofertas dos participantes na web comerciodesantacomba.com.

-Reunión da Xunta Directiva na que se acorda:

  • Suspender a XII Ruta de Tapas debido á situación actual motivada polo covid-19.
  • Aprobar a realización dun curso de paquetería para o mes de decembro.
  • Continuar coa Campaña de Nadal, onde se repartirán rascas con premios directos.

-Devolución da cota extra aos participantes da XII Ruta de Tapas debido a súa cancelación.

-Retransmisión na TVG do spot publicitario para promover o noso Concello.

-Reunión por videoconferencia co GDR Terras de Compostela (destino Sicted).

-Reunión coa empresa SEUR en relación a varias queixas de empresas asociadas.

-O Alcalde traslada que se está avanzando na creación dunha aplicación que recolla os deterioros do pobo.

DECEMBRO

-Entrega de premios aos 3 mellores videos do concurso “eu apoio o comercio local, e ti??”.

-Realización do curso de paquetería na sede da Asociación os días 11 e 12 de decembro.

-Organización conxunta co Concello do XIV Concurso de Escaparates no Nadal.

-Debido a que quedaba pendente a emisión de 20 Spots publicitarios na TVG, estos destinaronse á promoción da Campaña de Rascas de Nadal.

-Montaxe do gran escaparate de produtos e servizos doados polos socios para a Campaña de Nadal xunto aos agasaios mercados pola Asociación.

-Reparto de parte da xunta directiva dos rascas de nadal.

-Presentación da solicitude da subvención nominativa do Concello de Santa Comba onde nos conceden 6.000€.

Add a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *