CONVENIOS DE COLABORACIÓN ASINADOS COA NOSA ASOCIACIÓN

M. VIEITO SEGUROS m-vieito-seguros-120x120

Seguros M. Vieito, ofrece seguros adaptados a calquera tipo de actividade empresarial. Dende autónomos, PEMES ata grandes empresas, ofrecendo seguros de accidentes na empresa, caución, Pemes e Comercio, Responsabilidade Civil da empresa, autos, baixas, agroseguro…e alta rentabilidade para aforro e inversión.

Seguros M. Vieito comprométese a realizar un desconto do 35% nos seguros antes mencionados, en novas contratacións, ás empresas asociadas da Asociación de Empresarios de Santa Comba, así mesmo adaptarase ás necesidades das empresas en materia de seguros para unha mellor cobertura de riscos.

Máis información: 981 880 413

INFOZONE ORDENADORES infozone-120x120

Infozone Ordenadores comprométese a realizar un desconto aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba nun 5% no servicio técnico de ordenadores nas empresas, consultoría, etc…, venda de equipos informáticos e consumibles.

 Máis información: 981 881 394

LOS ANGELES GAS 

A empresa E.S. Santa Comba L.A.G. Xallas S.L. comprométese a realizar un desconto aos integrantes da Asociación de Empresarios de Santa Comba de 8 céntimos de €uro por litro de gasoil (Ive Incluído) para turismos e 9 céntimos de €uro por litro de gasoil (Ive Incluído) para furgóns e camións. En tódalas estacións de servizo do grupo, que se detallan a continuación (*listado adxunto).

No caso de empresas socias con grandes flotas de camións o desconto a aplicar será tratado de forma individualizada.

Segunda: A empresa E.S. Santa Comba L.A.G. Xallas S.L. comprométese a entregarlle a cada asociado interesado no desconto unha tarxeta e nela estará o logo da nosa entidade.

Maís información José Manuel 630 248 722

PSI TERAPIA E FORMACIÓN

PSI presta servizos de apoio educativo a nenos con problemas de aprendizaxe, reeducación de trastornos da lectura e escritura, TDAH, problemas de conducta. Adicase tamén á xestión de actividades educativas e de ocio para ANPAS, Concellos, clases extraescolares, campamentos, obradoiros, reforzo escolar e cursos de formación permanente.

PSI comprométese a facer un desconto do 10% nos servizos de “reforzo educativo e atención psicoeducativa en trastornos da aprendizaxe” aos socios da Asociación de Empresarios de Santa Comba.

Este desconto non será acumulable a outros que poida haber no seu momento (como o desconto para os socios da ANPA).

Máis información no teléfono 690 202 793

MÁNS ARTESÁNS

Máns Artesáns Máns Artesáns ofrecerá un desconto do 10% en cursos de formación online ou presencial aos socios da Asociación de Empresarios de Santa Comba, así como en produtos realizados por Mans Artesáns.

Máis información no teléfono 690 202 793

SUPERMERCADO PROL

Supermercado Prol comprométese a realizar un desconto aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba nun 3% en tódolos produtos á venda no supermercado. Este desconto non é acumulable.

Máis información no teléfono 981 880 097

XOGUETIÑOS

Xoguetiños realizará un desconto do 5% a tódalas empresas asociadas en tódolos produtos á venda no seu establecemento.

Este desconto non é acumulable con outras ofertas ou convenios.
Máis información no teléfono 881 973 766

OVOS A PEREIRA

Ovos A Pereira realizará un desconto dun 5 % en cada ducia de ovos.
A empresa está situada no Lugar A Pereira (Santa Comba) e oferta ovos de calidade con servicio de entrega a domicilio e bos prezos para a hostalería e sectores da alimentación.
Aposta por calidade.
Máis información no teléfono 696 328 992

DEPORTES ALVITE

Deportes Alvite realizará un desconto dun 8% en tódolos produtos á venda no seu establecemento aos socios da Asociación de Empresarios.

Este desconto non é acumulable con outras ofertas.

Máis información no teléfono 981 881 172

LER LIBRERÍAS  ler-librerias-120x120

Ler Librerías aplica un desconto do 15% en material de oficina (archivadores, cartulinas, folios, bolígrafos, calculadoras, tacos notas, grapadoras, etc….. Para a adquisición de libros realizará un desconto do 5% ao igual que a xogos didácticos nese mesmo porcentaxe.

Ler Librerías visitará ás empresas que así o soliciten no caso de que o volume de compra en material sexa para grandes cantidades. Desta maneira aplicará un desconto distinto, previa consulta á xerencia.

Máis información no teléfono 981 881 333

AUTOXALLAS autoxallas-120x120

A empresa AutoXallas aplica un desconto do 20 % en concepto de man de obra e de igual porcentaxe en alineados de dirección.

Máis información no teléfono 981 881 308

REALE SEGUROS ROBERTO MOURO

Seguros Roberto Mouro S.L.U. realizará un desconto na realización de novas pólizas cos seguintes descontos, nos seguros de:

Fogar, Comercios, Comunidades, RC preferente, RC condicionado 30%, Auto 27%, Pemes 20%, Accidentes (individual, colectivo e convenios) 15% e Vida risco 10%.

Estos descontos son aplicables aos socios, nas axencias Reale de Santa Comba e Baio.

Axencia Santa Comba 981 88 05 07 – 629 34 70 39

Axencia Baio 981 71 81 47

RECAREY MATERIAIS DE CONSTRUCIÓN

Recarey Materiais de Construción. realizará un desconto aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba dun 5% sobre tarifa pvp. en tódolos produtos á venda no seu establecemento. Este desconto non é acumulable con outras ofertas nin prezos especiais.

Maís información: 981 89 39 23 – 620 14 95 89

MARÍA FERNÁNDEZ SERRANO – PROCURADORA DOS TRIBUNAIS

María Fernández Serrano Procuradora dos Tribunais, aplicará un desconto aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba que precisen da representación dun procurador en procedementos xudiciais:

5% de desconto (sen poder para pleitos)

10 % de desconto (con poder para pleitos)

Máis información: 881 957 501 ou 686 440 381,  www.serranoprocuradores.es

PISOTONES

Pisotones, realizará un desconto aos asociados dun 10% en tódolos produtos á venda no seu establecemento. Este desconto non é acumulativo con outras ofertas nin prezos especiais.

 Máis información no seguinte contacto: 981 88 03 47.

 

NOVA HIT RADIO    

ONDA HIT—FÓRMULA HIT oferta aos asociados da Asociación de Empresarios de Santa Comba un desconto do 20% sobre a tarifa comercial vixente de prezos ,en grabación e edición de cuñas tipo 30”.

AREA DE COBERTURA: 98.2 FM (Viveiro, Ferrol, Coruña, Lugo), 93.7 FM (Arteixo), 97.8 e 92.9 FM (Carballo, Bergantiños, Val do Dubra e Ordes), 105.6 FM (Ponteceso, Cabana e Laxe), 106.5 (Zas, Santa Comba), 100.1 (Vimianzo), 103.6 FM (Cee, Carnota, Muxía, Camariñas, Corcubión e Fisterra)

Máis información: 609 829 771

AROSA AVOGADOS arosaabogados

A avogada MARIA LUISA AROSA BARBEIRA  e a Asociación de Emrpesarios de Santa Comba, asinaron un convenio de colaboración en virtude do cal os nosos socios beneficiaranse dunha consulta gratuíta, así como a redacción dun burofax para a reclamación de deudas a morosos, tamén gratuíta.

Así mesmo, os socios interesados na contratación dos servizos profesionais de asesoramento xurídico e dirección letrada, beneficiaranse dun desconto do 20 % a aplicar sobre os criterios orientadores de honorarios do Ilustre Colexio de Avogados.

Máis información: 981 525 554

PREVENSYSTEM preven

PREVENSYSTEM  é unha compañía de ámbito nacional, formada por un equipo multidisciplinar de expertos en consultoría, formación e xestión empresarial especializada en Prevención de Riscos Laborais  e en Seguridade e Saúde Laboral.

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA acaba de asinar un convenio de colaboración con PREVENSYSTEM en virtude do cal os nosos socios beneficiaranse dun 30 % de desconto sobre o concepto de especialidades técnicas no Servizo de Prevención alleo que teñan en vigor na actualidade.

En canto a especialidade de Vixiancia da Saúde, o prezo acordado é de 10 € por traballador ó ano, se non se realiza recoñecemento médico,e 48,25 € no caso de que o traballador realice o recoñecemento, sempre e cando o precontrate no momento de realizar o contrato.

Máis información: Telf. 881 879 534 / Móv. 629 860 335

SPARTANA CONTROL SERVICE 

Convenio de Colaboración asinado coa empresa SPARTANA CONTROL SERVICE en materia de desinfección de locais por COVID-19.

Esta empresa está inscrita no Rexistro Oficial de establecementos e servizos de biocidas da Comunidade Autónoma Galega  co número 0450-GAL-SCO.

En virtude deste convenio os nosos asociados terán un desconto do 30 % nos servizos de seguridade ambiental, control de plagas, simulacro de inspección de saúde pública, elaboración de protocolo, desifección de lexionela e xestión forestal entre outros.

En materia de desifección de locais o desconto a aplicar é o 50% (adxunto cadro de tarifas). Para locais de maior superficie ou vehículos consultar prezo e se manterán neste caso o desconto aos socios nesa mesma porcentaxe.

Servizo 24 horas. Información 649 19 19 73 – 981 80 84 75

ALMACENES SEROMAVI

Almacenes Seromavi, aplicará un desconto aos asociados  dun 20% en tódolos produtos á venda no seu establecemento. Este desconto non é acumulable con outras ofertas nin prezos especiais.

Venda de materiais de construción, baños, plaquetas, azulexos… Distribuidor de Porcelanosa, Grespania, Griferías Tres, Hergom, Resigres platos de ducha, Greferías Imex, etc…

ÓPTICA XALLAS  

Óptica Xallas  realizará un desconto aos asociados  dun 15% en tódolos produtos á venda no seu establecemento. Este desconto non é acumulable con outras ofertas ou convenios.

FROITERÍA HORTASA

FROITERÍA HORTASA, empresa asociada e ubicada na Rúa Ferradura nº 1 (esquina coa Avda. Alfonso Molina) en Santa Comba, realizará un desconto aos asociados dun 5% en produtos de produción propia de tempada. Desconto aplicable con outras ofertas.

RAPOSO CÁRNICOS

RAPOSO CÁRNICOS, empresa asociada e ubicada no Lugar Boudañeira nº 2, Olveira en Dumbría.

Raposo Cárnicos, realizará un desconto aos asociados dun 5% en tódolos seus produtos á venda.

Os/as interesados/ as poderán contactar coa empresa no seguinte contacto: 981741600

ELECTRODOMÉSTICOS ANGEL 

ELECTRODOMÉSTICOS ÁNGEL, empresa asociada e ubicada na Rúa Coruña nº 19 en Santa Comba.

Electrodomésticos Ángel, realizará un desconto aos asociados dun 10% no servizo de reparación de electrodomésticos.

Os/as interesados/ as poderán contactar coa empresa no seguinte contacto: 981 939 417.

A FRUTERÍA

A FRUTERÍA, empresa socia e ubicada na Rúa Xosé Ferrero nº 25 en Santa Comba.

Realiza un desconto aos asociados dun 5% en tódolos produtos á venda no seu establecemento.

Este desconto non é acumulable con outras ofertas.

Máis información no seguinte contacto: 981 88 12 51.

LODY MODA E CORTINAS

LODY MODA E CORTINAS, empresa asociada e ubicada na Avda. de Galicia nº 22 en Zas.

Aplica un desconto aos asociados dun 5% en tódalas prendas de roupa á venda no seu establecemento.

Este desconto non é acumulable con outras ofertas.

DUMAR 1980

DUMAR 1980, empresa asociada e ubicada na Avenida Tomé Taboada nº 9 en Santa Comba.

As empresas asociadas disporán dun 10% de desconto en tódolos produtos á venda no seu establecemento.

Este desconto non é acumulable con outras ofertas.

————————————————————————————————————————————————–

ABANCA    [1404464315][es]LOGO ABANCA

Ó abeiro do convenio asinado entre ABANCA e a Asociación de Empresarios de Santa Comba, as empresas asociadas dispoñen de condicións moi competitivas en opcións de financiamento: pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais, liñas de desconto comercial e servizos de banca electrónica.

Os empresarios asociados beneficiaranse das tarifas personalizadas na alta e mantemento de Terminais no Punto de Venda (TPV) e poderán acceder ás ventaxas  que ofrece a Conta Solucións Autónomos e Pemes.

Máis información: 981 880 050

CEPSA CEPSA-logo-es-2015

En virtude do convenio asinado entre CEPSA e a Asociación de Empresarios de Santa Comba, os nosos asociados disfrutarán de diversos descontos a través dos seguintes produtos:

TARXETA CEPSA STAR: Desconto de 6 céntimos/litro (Diésel Star e Gasolina) e 7,2 céntimos /litro en Diesel Óptima. Cota de mantemento de 9 €/ano, sendo o primerio ano gratuíta. Precisa dun aval bancario segudo o consumo.

Tarxeta compatible coas Tarxetas de fidelización que ofrece CEPSA.

TARXETA CEPSA STAR DIRECT: Desconto de 6 céntimos / litro (Diesel Star e Gasolina e 7,2 céntimos/litro en Diesel Óptima. Tarxeta gratuíta que non precisa garantías bancarias.

Compatible coas tarxetas de fidelización que ofrece CEPSA.

Máis información: E.S. CEPSA Santa Comba: 981 880 391 – 605 545 741

LA CAIXA lacaixa

En virtude do convenio asinado entre a nosa Asociación e “La Caixa”, esta entidade ofrece aos nosos asociados condicións ventaxosas nos seguintes produtos:

Financiación (préstamos persoais, conta crédito, desconto comercial, renting)

Solucións para emprendedores ( a Obra Social lanza unha axuda de 450 € para xóvenes autónomos)

Unha proposta ampla en TPVs (sen mantemento para os nosos asociados)

Servizos bonificados na “Conta Negocio”

Tarxetas con ventaxas específicas para autónomos

Máis información: 881 030 950

RB SOLUCIONES 

CONVENIO ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA rbsoluciones

 

 

AGAFAN

CONVENIO DE COLABORACIÓN AGAFAN (ASOCIACIÓN GALEGA DE FAMILIAS NUMEROSAS) e ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE SANTA COMBA

A Asociación de Empresarios de Santa Comba e a Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN) veñen de asinar un acordo de colaboración en virtude do cal as familias numerosa asociadas a AGAFAN terán dereito a descontos directos en tódalas compras que realicen nas empresas adheridas como entidades colaboradoras, procedentes de distintos sectores.

Para que o desconto se faga efectivo será necesario que os socios de AGAFAN se identifiquen como tales presentando nos establecementos adheridos o carné en vigor “Plan+Familia” que emite AGAFAN e que os acredita como membros da Asociación.

Ambas entidades afirman que este tipo de medidas fomenta o comercio local, supoñen un aforro importante para as familias e favorece o asentamento e a natalidade na comarca.

  ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS COMO ENTIDADES COLABORADORAS A TRAVES DESTE CONVENIO

  • DEPORTES ALVITE
  • CITANIA INTERIORISMO
  •  VICTOR INFOZONE
  • FOTO TECA
  • TALLERES CONSTANTINO AMIGO
  • PSI TERAPIA E FORMACIÓN    
  • LOIS                          
  • CLINICA MEDICO DENTAL J. MANUEL POSE RODRIGUEZ
  • LA REPRO SANTA COMBA 
  • OPTICA POSE
  • OPTICA XALLAS
  • ORTOPEDIA DO XALLAS
  • PEKENOS MODA INFANTIL
  • PELUQUERÍA JOSEFA
  • ALMACENES SEROMAVI
  • CENOR SANTA COMBA

ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS ANTES DE ASINAR ESTE CONVENIO

  • LER LIBRERÍAS
  • PISOTONES
  • ARCO IRIS

** As empresas colaboradoras así como os descontos que ofrecen ás familias numerosas pódense consultar no web de AGAFAN: www.agafan.org

 

 

———————————————————————————————————————

CLÁUSULA DE EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE

A Asociación de Empresarios de Santa Comba non será responsable, nin directa, nin indirecta, nin subsidiariamente, dos danos e perxuizos de calquer natureza que para un/aasociado/a ou varios/as asociados/as da asociación, poidan derivarse do incumprimento por parte de outro asociado/a ou colaborador non asociado, das obrigas asumidas por éste coa asociación, a través do respectivo convenio de colaboración firmado entre ambos. En especial, non será responsable a Asociación de Empresarios de Santa Comba, do incumprimento por parte dun asociado/a ou colaborador non asociado, da obriga asumida polo mesmo de reducir en determinada porcentaxe o custo efectivo dos servicios que lle sean solicitados por outros asociados/as, así como o incumprimento de calquer outro beneficio que para cos asociados/as da Asociación se houbese comprometido coa firma do respectivo convenio de colaboración.

A Asociación de Empresarios de Santa Comba resérvase o dereito de esixilo cumprimento das obrigas incumpridas por parte de calquer asociado/a ou colaborador non asociado, empregando se fose menester as accións xudiciais pertinentes, ou ben de sancionalo/ade maneira automática coa súa exclusión da asociación.